Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PRENSÉNTANLLE AO PSdeG E AO PP O PROXECTO NACIONALISTA DE NOVO ESTATUTO

O BNG propón que a reforma estatuaria se realice sen "vetos previos"

O coordenador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera e o voceiro do grupo parlamentario, Carlos Aymerich, entregáronlle aos grupos do PSdeG e do PPdeG a proposta articulada de Novo Estatuto elebarorada pola formación nacionalista. Os representantes do BNG insistiron en que o proceso de reforma do Estatuto debe levarse a cabo "entre todos" e "sen condicionantes nin vetos previos de ningún tipo".

- 13:59 09/12/2005
Tags:

O portavoz do grupo nacionalista insistiu, logo de entregar a súa proposta de Estatuto ao viceportavoz do grupo do PPdeG, Xesús Palmou, e ao portavoz do grupo socialista, Ismael Rego, en que este este proxecto de Estatuto é "un punto de partida para chegar a unha proposta consensuada, na que non pode haber autolimitacións, vetos ou exclusións".

Segundo Europa Press, o PPdeG, con todo, xa anunciara que non se sentará a negociar se a proposta contempla o tratamento de nación para Galiza, como así se recolle no texto presentado hoxe polo BNG. "É necesario que se inicie un proceso de diálogo sen ningún tipo de censura ou autolimitación previa", esixiu hoxe o coordinador da Executiva do BNG, Francisco Jorquera, que compareceu xunto a Aymerich.

"Hoxe manifestáronnos a súa disposición a falar sen establecer condicións apriorísticas", dixo Jorquera tras entrevistarse con Palmou e co portavoz adjunto dos populares Xosé Manuel Barreiro, nunha reunión que segundo el é un síntoma da normalidade política da que todos se deben felicitar.

Jorquera indicou que é "bo" que todas as forzas expliciten o seu proxecto de reforma, e asegurou que o BNG fixo os seus deberes porque coa presentación desta "proposta rigorosa" están dando "o pistoletazo de saída" que leve a conseguir que Galiza teña "o peso que lle corresponde e acceda ao nivel de autogobierno que merece".

Respecto de os prazos do proceso, o tamén senador do BNG sinalou que requiere "un período de maduración", auque mostrouse convencido de que ao longo do ano que vén producirase un acordo entre as tres forzas parlamentarias e no propio 2006 o proxecto poderá entrar nas Cortes Xerais.

Para rematar, tanto Jorquera como Aymerich fixeron unha chamamento á participación da sociedade no proceso de reforma, e o portavoz do grupo nacionalista destacou que un dos obxectivos debe ser lograr unha participación máis alta no referendo que a alcanzada na aprobación do Estatuto de 1981, onde tan só acudiron a votar un 29% dos galegos.

Aymerich: "Sen irredentismo nin afán anexionista"
Por outra parte, Aymerich asegurou que non falan de anexión de municipios en ningún punto da súa proposta de reforma, cuxa disposición final terceira foi criticada polos responsábeis políticos de Asturias e Castela-León, xa que indica que "poderán incorporarse a Galiza aqueles municipios limítrofes de características históricas, culturais, económicas e xeográficas análogas, mediante procedementos democráticos que serán regulados por lei".

"Non debería molestar a ninguén", advertiu Aymerich, que recordou que este artigo simplemente permite a integración a aqueles concellos que voluntariamente o desexen. Engadiu que, polo tanto, se trata únicamente de "deixar unha porta aberta", e lembrou que na actualidade a Xunta leva a cabo programas de promoción da lingua galega en municipios limítrofes de Asturias, Zamora e León.

De todos os xeitos, o deputado do BNG subliñou que están dispostos "a negociar case todo" o apuntado na súa proposta de reforma, e avisou que as posibles críticas --"que son lexítimas"--, teñen que ter "veracidade", xa que neste caso "non se falou de anexión"..


Documentos

Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: