Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
MÁIS DE CORENTA MILLÓNS DE PERSOAS AFECTADAS POLA SÍNDROME

Tres millóns de mortos e cinco millóns de infectados pola SIDA no que vai de ano

"É o maior crecemento dos últimos vintecinco anos", advertiu este luns un dos responsábeis do departamento de apoio do organismo da ONU para o estudo e control da SIDA. A zona da África subsahariana é a máis afectada do planeta, cun 64% das novas infeccións, mañia que o informe advirte dos significativos aumentos en Europa oriental e Asia central e avisa que "o andazo segue superando os esforzos mundiais para detelo". Dos mortos no que vai de 2005, máis de medio millón foron menores de idade. As Nacións Unidas subliñan ademais a necesidade do diálogo coa Igrexa para un acordo de mínimos que a comprometa coa recomendación do uso do preservativo, criticando que o debate moral promovido polo catolicismo ao respecto do profiláctico "favorece o crecemento do andazo.

  • Anteriores: Chamada á revisión das estratexias contra a SIDA
  • A ONU di que a ameaza do planeta é a SIDA e non o terrorismo

  • - 07:28 22/11/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)