"Moitos en Galicia se preguntan quen se beneficia dos incendios forestais que cada ano asolan, en aparencia irremediablemente, os nosos montes", cóntannos desde a Asociación pola Defensa da Ría, ao tempo que avisan que acusan aos que "fan o agosto a costa das perdas dos produtores de madeira e da sociedade no seu conxunto que ve como se degrada o solo forestal que, desprotexido despois dos lumes, coas chuvias do outono sufre unha erosión que o empobrece máis cada ano". Poden ampliar información no Canal Verde.