Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
GARANTEN A CONTINUIDADE DOS CONTRATOS XA ASINADOS

Vivenda decide derrogar a bolsa de alugueiros ao detectar irregularidades no 80% dos contratos

Catro de cada cinco contratos asinados a través da actual bolsa de alugueiro fornecida pola Consellaría de Vivenda están previamente pactados fóra da bolsa. A administración mesmo detectou que case nun 40% dos casos trataríase de contratos suspendidos para posteriormente pasar a optar ás axudas públicas "e case sempre con incremento do prezo posto polos propietarios que o inquilino pasa a asumir con cargo á subvención pública".

- 07:27 09/11/2005
Tags:

Diante da falta de control da situación, a consellaría decidiu tamén que promoverá as inspeccións, "practicamente inexistentes na actualidade". Así, vaise controlar estreitamente o uso que os propietarios fan da axuda de até 6 mil euros que a administración lles concede para realizar obras de mellora na vivenda.

A consellaría comunicou así que tratará de solucionar as "numerosas irregularidades e disfuncións detectadas". Con ese fin, vaise redeseñar o sistema e será publicado un novo decreto cos mecanismos precisos que "garantan que as axudas van a quen realmente as precisa". Malia os problemas, o departamento de Teresa Táboas decidiu que os contratos en vigor xa asinados manterán os seus dereitos segundo o modelo actual.

Os novos requerimentos incluirán a necesidade de que a vivenda que queira optar a entrar na bolsa deberá levar cando menos seis meses baleira. O executivo buscará así "colocar vivenda libre no mercado e evitar que os contratos veñan pactados previamente entre particulares co conseguinte incremento artificial nos prezos".


Ligazóns

0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: