"As autonomías deben garantir a función social da vivenda", explicara este martes a ministra de Vivenda, María Antonia Trujillo, ao respecto das recentes propostas do executivo catalán para forzar que as vivendas baleiras durante moito tempo saian ao mercado, podendo nalgúns casos incluso seren obxecto de expropiacións. O diario El Mundo publica este mércores o borrador (.pdf) do propio proxecto de Lei do Solo do ministerio que lle abre a porta a ese tipo de expropiacións como parte das medidas para frear a especulación inmobiliaria. O mesmo tipo de accións aplicaríanselle tamén aos predios baleiros.