Unha nova tendencia de tunning para ordenador en versión agro-pop acaba de presentarse en sociedade a través dun blog feito desde o concello de Teo, preto de Santiago. Trátase de Pipetinho, un ordenador convencional con caixa de bocoi realizado por Uxío, o irmán do blogueiro, mediante o procedemento de "coller un pipo dunha ola de capacidade (16 litros), acondicionalo e montar un ordenador dentro". O atractivo deseño pode facilitar o traballo, pero causar moita sede.