Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Fwwwrando

RSS de Fwwwrando
APROBADO DEFINITIVAMENTE POLO ICANN

Os cataláns xa dispoñen do dominio .cat

A ICANN aprobou esta noite o dominio .cat para a comunidade cultural e lingüística catalá. Como informa Vilaweb, o novo dominio identificará ás webs en lingua catalá ou aquelas webs noutras linguas que servan para apoiar á cultura catalá, ten o mesmo valor que calquera outro dominio de internet e poderá solicitarse desde calquera parte do mundo. As negociacións para a obtención do novo dominio leváronse adiante a través da Asociación Punt Cat, unha organización cívica fundada en 2004 e formada por 90 entidades que contou co apoio de máis de 68.000 usuarios, empresas e entidades da cultura catalá. O conselleiro do DURSI, Carles Solà, expresou nun comunicado a satifacción do goberno catalán pola aprobación do .cat. O dominio estará a disposición dos usuarios a finais deste ano.

  • O dominio .cat, máis preto... E o .gz?

  • - 17:02 16/09/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)