Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
O CONSELLO DA XUNTA CESA A AMADO RICÓN

A conselleira de Cultura asume provisionalmente a presidencia do IGAEM

A conselleira de Cultura, Ánxela Bugallo, asumirá provisionalmente as competencias da presidencia do Instituto Galego de Artes Escénicas e Musicais, IGAEM, despois de que o Consello da Xunta deste xoves cesase a Amado Ricón, que ocupaba este cargo no departamento dirixido polo anterior conselleiro Pérez Varela. Segundo o comunicado da Xunta, a titular de Cultura afronta este mandato de forma transitoria mentes non se modifican os estatutos deste organismo autónomo.

- 11:45 15/09/2005
Tags:

A propia Ánxela Bugallo anunciou nas últimas semanas, que a consellería pretende realizar unha "reforma en profundidade" do IGAEM, polo que ela mesma presidirá e liderará o Instituto durante o período no que se proceda á renovación de estatutos, proxecto e dirección.

Segundo a consellaría, esta medida é provisional e a conselleira permanecerá na presidencia unicamente o tempo necesario para reorganizar o IGAEM. O equipo do departamento de Cultura está a realizar unha serie de contactos co mundo da cultura de cara a crear un novo proxecto que consiga ser o "motor do teatro, da música e da danza en Galicia".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: