O roubo aconteceu antes do ano 1999 e aobra estaría agachada en Miami. Mentres, a policia internacional busca a dous venezuelanos, quen estarían implicados no roubo do óleo Odalisca con pantalón vermello de Henri Matisse, obra que foi roubada e sustituída por unha copia sen que se decataran dous anos despois.
Así como o Goberno nacional non está disposto a pagar "resgate" para recuperar o óleo Odalisca con pantalón vermello, de Henri Matisse, roubado ao Museu de Arte Contemporáneo de Caracas Sofía Imber, tampouco non o fará a compañía de seguros que ten a póliza que protexe a todas as obras desa institución.
"Non negociamos con delincuentes", reiterou Patricio Pezoa Araya, presidente de Brofinsa, S.A/Sociedade de Corretaxe de Seguros. Pezoa Araya recoñeceu que en Venezuela, tanto os xornalistas como as autoridades policiais si atenden aos rumores, os avalían e de aí podense desprender algunhas posteriores liñas de acción.
"Así se poden estruturar algúns traballos através de rumores ou de dados. É posíbel que ese investigador vaia despois a contactar ás autoridades do Maccsi, que é o proprietário da obra, ou á compañía de seguros, que neste caso é a empresa que eu represento, porque podemos ter a información máis fidedigna sobre a peza desaparecida".
Cal é a súa versión do acontecido? Como é a póliza que cobre a ese cuadro? Canto tempo se precisa para que sexa declarado perdido ese óleo e vostédes se vexan obrigados a pagar a cantidade asegurada?
Son moitas perguntas, pero imos por partes. Cando se descobriu a desaparición da obra, que primeiro era un rumor e despois se comprobou que era un feito certo, como foi o dictame dos nosos peritos, se lle comunicou á compañía de seguros que acontecera un "sinistro", porque ese o termo exacto.
Declarouse o "sinistro" do Matisse, e niso estase a traballar actualmente, designaronse uns axustadores de perda internacional, através dunha sucursal en Venezuela do Lloyd´s de Londres. neste momento, o "sinistro" está vixente, temolo en reaxuste de perdas e estamos á espera de que o Ministerio Público determine que ocorreu.
Por que? Por que como cando a vostede lle rouban o seu veículo: as autoridades policiais teñen que emitir unha denúncia para nós poder procesar o pagamento e aí é cando solicitamos os recaudos do veículo para comprobar a propriedade.
Iso mesmo fixose xa cos proprietarios do óleo Odalisca con pantalón vermello e o que esperamos agora é a decisión do Ministerio Público.
Vostedes esperan que o Ministerio Público faga que? Que decida, porque está pechado o expediente. Está en averiguación. E o segredo é o seu contído até agora.
Por que é segredo? O seu segredo non é porque sexa un cadro tan valioso e importante, se non porque está en averiguación e calquera filtración de información pode interferir coas investigacións policiais.
A fiscal 28, con competenza nacional, Rosa Memoli, ten ao seu cargo ese expediente. Ao consultor xurídico do Maccsi, que solicitou en dúas oportunidades poder realizar unha lectura do expediente, negaronllo porque está en averiguación. É un procedemento de lei e non se pode alterar.
Canto tempo estará ese caso en averiguación? Ese é o problema. Até tanto o Ministerio Público non peche o caso e faga as súas acusacións ou as respectivas imputacións, e fique todo o mundo exonerado, non podemos nós, como compañía de seguros, proceder ao pagamento da póliza.
O talón será emitido a nome do proprietario, que neste caso é o Maccsi e asunto concluído, por agora.
Que pasa se a obra aparece? Se xa se pagou a póliza, o cadro é propriedade da compañÍa reaseguradora, porque é ela a que pagou a indemnización. O Estado non perde porque xa cobrou a póliza.
Se a obra aparece despois do pagmento, é da compañía reaseguradora? Si e pode facer o que queira. Vendéla ou regalala ao Maccsi ou a quen queira. Pero, ollo, todo iso depende se hai indemnización.
Como? O Ministerio Público debe dicer se houbo infidelidade ou se foi un roubo. Debe determinar cal foi o delito para que a compañía de seguros proceda a indemnizar baixo ese delito.
Vostedes non poden insistir ao Ministerio Público para que cualifique a situación dese sinistro? Presentamos varios escritos e o mesmo fixo o Maccsi, e mesmo se chegou até onde o Fiscal Xeral da República e el nos respondeu que está en etapa de investigacións ou de averiguacións.
Como compañía de seguros estamos vixentes ou latexantes co reclamo. E cando o Ministerio Público decida se houbo roubo se procederá ao pagamento da póliza. Este caso, como se trata dun ben do Estado non pode prescreber. A póliza cobre todo iso.
E o prezo en que está valorado o cadro, cal é? No momento en que se fixo a póliza, a obra foi Asegurada en 3,8 millóns de dólares.
Falase de que hai dous autos de detención contra os presuntos autores do roubo? Si, esa información manexamola nós e ven dunha fonte oficial. Temola como compañía de seguros. Pero non se nos revelou os nomes desas persoas, quen supostamente están en Estados Unidos nestes momentos.
Que nacionalidade teñen? Son homes e teñen nacionalidade venezuelana, diso si se nos informou; pero, non nos deron a identificación desas persoas. E cando os capturen e os traian para as respectivas imputacións poderán revelarse os seus nomes.
E os ladróns por que non buscaron á compañía de seguros para unha transacción? A compañía de seguros non pode negociar cos delincuentes, iso é imoral, porque así avalaría o feito ilícito. Con esa xente non hai negociación posíbel.
Nós facemos as nosas investigacións e damos información ás autoridades policiais pero o noso traballo é revisar os servizos de seguranza do Maccsi.
Vostedes presumen como e cando se fixo o roubo? Fixemos unha série de seguimentos técnicos e a última vez que se viu a esa obra foi en Madrid, cara 1996. A perda foi antes do ano 1999. Supostamente agora está en Miami.
Cuarto negócio. Inda que o valor nominal estexa segurado, unha obra de arte é unha peza única e insustituíbel para unha nación e é parte do seu patrimonio cultural.
A Lista de Obras de Arte Roubadas da Interpol ten un "valor" calculado en 5.500 millóns de dólares e só no derradeiro século. Tratase da cuarta actividade criminal, despois das drogas, o lavado de diñeiro e o contrabando de armas.
Entre os roubos máis recentes e nunca recuperados, aparecen:
O 31 de xullo de 2004: dez pinturas cuxo valor é de 5 millóns de dolares foron quitadas de Roma.
O 19 de maio de 2004: O Centro Pompidour, de París, anunciou a desaparición de Morte Natural á Charlotte, de Picasso. Está avaliado en 3 millóns de dolares.
O 16 de decembro, 2003: Special 21 (Palo Duro Canyon), de Georgia O’ Keeffe, avaluado en 500.000 dólares, foi roubado do Museu de Belas Artes de Novo México en Santa Fe.
O 27 de agosto, 2003: Uns ladróns reduciron ao garda do Castelo Drumlanrig, en Escocia, e levaronse a pintura Madonna coa fiadora, de Leonardo Da Vinci. O seu valor está entre 40 e 80 millóns de dólares.
O 20 de xullo, 2002: En Asunción (Paraguai), uns ladróns excavaron un túnel até o Museu de Belas Artes e levaron-se unha dúcia de pinturas, entre as que se contan un autorretrato de Tintoretto; A Virxe María e Xesús, de Esteban Murillo; Paisaxe, de Gustave Coubert, e Cabeza de muller, de Adolphe Piot.
O 17 de xullo, 2001: Un retrato de Lenin, obra de Andy Warhol, desapareceu en Colonia (Alemaña). O seu valor, 700.000 dólares.
O 22 de decembro, 2002: Dous Renoirs e un Rembrandt foron quitados do Museu Nacional de Suecia, en Estocolmo. A policia pudo recuperar un Renoir.
O 28 de xullo, 1994: Sombra e mouridade e Luz e cores, do artista J.M.W. Turner, foron roubadas nunha galería de Francfort. Estaban seguradas por 42 millóns de dólares.
Xurxo Martínez Crespo