Seis de cada dez emigrantes que marchan do Estado son galegos, segundo datos do ministerio de Traballo. Cando traemos á primeira plana estes datos sempre revolve na memoria aquela vella frase de Castelao: "O galego non protesta, emigra". A comezos do febreiro de 2003, os cidadáns respondían masivamente a unha mobilización na Coruña. Aló, centos de maletas pousadas no chan do peirao debuxaban dúas palabras: "Nunca Máis".