Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
G>2005

A Xunta di sentirse autorizada para seguir inaugurando e publicitando malia o aviso da Xunta Electoral

Reinterpretando ao seu xeito as recomendacións da Xunta Electoral de Galiza, o goberno galego emitiu un comunicado onde subliña que a campaña institucional denunciada se realizou dentro do "estricto cumprimento da legalidade" e que o organismo electoral "permite os actos de inauguración que a Consellería de Política Territorial está a levar a cabo, así como a súa difusión nos distintos medios de comunicación como noticia puntual e periódica". Lembrámoslles que a Xunta Electoral advertira que estes anuncios non eran "imprescindíbeis" para a "salvagarda do interese público".

- 06:57 10/05/2005
Tags:

O propio vicepresidente segundo, Xosé Manuel Barreiro, insistiu este luns en que a campaña era un "exercizo de responsabilidade" do executivo autonómico fronte a unha "situación de discriminación por parte do goberno central", insistindo en que se trataría dun feito "obxectivo e constatábel por todos os galegos". No seu comunicado oficial, o goberno Fraga rexeita que o anuncio "tivera coma intención influír na intención do voto" e di responder ao "cumprimento da normativa comunitaria".

Ao respecto da publicidade institucional en cuestión obxecto da denuncia do PSdeG, e responsabilidade da Consellería de Política Territorial, referida á autovía Nadela-Sarria incluída no Plan Galiza autonómico, a Xunta Electoral decidiu que este tipo de anuncios non é necesario para o "correcto desenvolvemento dos servizos públicos" e opina, contra o criterio da Xunta, que "este anuncio se podería intertar despois das eleccións".


0/5 (0 votos)