Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
ÚLTIMAS SONDAXES

Unha enquisa amosa un escenario electoral semellante ao de hai catro anos

O PP estaría lambendo de novo a maioría absoluta de confiar nos datos ofrecidos polo xornal La Región de Ourense a partir dunha sondaxe telefónica realizada pola empresa Infortécnica entre o 12 e o 20 de abril. Segundo esta enquisa, o PP obtería entre 37 e 40 escanos, o PsdeG, 20 ou 22 e o BNG entre 15 e 16 deputados. Con todo, a porcentaxe de “indecisos” a menos de dous meses das eleccións segue sendo alto, máis do 37%. Por provincias, o PP mantería os seus resultados en Ourense e Lugo, onde podería perder un deputado. Tanto en Pontevedra como na Coruña o PP perdería no escenario máis desfavorábel para os “populares” 2 deputados en cada provincia. O PsdeG podería conseguir 4 escanos en Ourense a costa dun dos 3 do BNG; lograría 3 ou 4 en Lugo, 8 ou 9 na Coruña e 6 ou 7 en Pontevedra. Pola súa parte, o BNG, podería repetir resultados ou perder un deputado en Lugo e Ourense e conseguiría 4 ou 5 na Coruña e o mesmo número en Pontevedra.

  • Comeza a guerra das sondaxes
  • Anteriores enquisas
  • 19-X: Menos de dous meses para as últimas eleccións da era Fraga

  • - 06:45 24/04/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)