Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICA SOBRE OS ANUNCIOS DO PLAN GALIZA

A CIG denuncia perante a fiscalía a última campaña institucional da Xunta

A sección da CIG da administración autonómica decidiu presentar unha denuncia perante a Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza "para que depure a eventual responsabilidade penal" na que teñan incorrido os responsábeis autonómicos que autorizaron a inserción na prensa da publicidade da Xunta sobre o presunto incumprimento do goberno español do chamado Plan Galiza. Estes anuncios de dúas páxinas apareceron en varios xornais galegos durante catro días da semana do 11 ao 17 de abril. Para a CIG, a publicidade tivo "unha función claramente político-partidaria e eleitoralista" e debía de ter sido pagada polo Partido Porpular e non pola Xunta.

- 12:26 19/04/2005
Tags:

Esta publicidade pagada pola Xunta xerou unha polémica política sobre o uso de fondos públicos para o pagamento de propaganda politica partidaria.

Para a CIG, a súa finalidade "non era a de informar á cidadanía sobre as actuacións ou os programas da Xunta, senón a de transmitirlle a idea de que o Goberno estatal incumpre supostos compromisos orzamentarios con Galiza". Tal información, para o sindicato nacionalista, non pode entenderse un función pública ao servizo do interese xeral, senón unha información claramente destinada á confrontación política a poucos meses dunhas eleccións autonómicas.

A CIG lembra que "as tarifas fixadas nun dos xornais nas que se publicaron os anuncios, concretamente no de maior tirada de Galicia, son para un anuncio a dobre páxina enfrontada a cor vai desde os 17.657 euros da publicación en venres até os 25.852 euros se se inserta en domingo.

O sindicato nacionalista tamén anunciou que impugnará perante o Xulgado do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela a actuación material consistente na publicación deses anuncios propagandísticos por parte da Xunta.


0/5 (0 votos)