Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
COMISIÓN DE INVESTIGACIÓN

Nunca Máis advirte que persiste o risco doutra marea negra

"A conta atrás para outra marea negra nas costas galegas xa comezou". O representante de Nunca Máis, Rafa Villar, referiuse na comisión de investigación do Prestige ao "alto risco" de novas catástrofes como a acontecida en novembro de 2002, porque os medios con que se conta para facerlles fronte son "practicamente iguais" ca antes do desastre, que eran "claramente insuficientes". Amais, segundo Villar, as autoridades insisten "en que volverían facer o mesmo".

- 18:47 07/03/2005
Tags:

O representante da plataforma cidadá mostrouse "escéptico" ante os traballos da comisión porque, segundo el, é "incomprensíbel" que non comparezan os representantes da administración do estado durante a catástrofe nin o propio presidente da Xunta, sobre todo "despois de desvelar amargamente a falta de apoio do goberno central" na crise do Prestige.

Villar recoñeceu que o secretario xeral do PPdeG, Xesús palmou, mantivo conversas coa plataforma para participar na manifestación do 1 de decembro de 2002. Para Villar, as condicións que formulou o PP para asistir á manifestación eran inaceptábeis para Nunca Máis; entre elas, ter un "cortexo propio" dentro da manifestación, "ao que se lle contestou que non había graos entre os manifestantes". O segundo punto de desacordo foi o manifesto que se leu tras a manifestación, onde ademais de pedir solucións demandábanse responsabilidades. "Se a día de hoxe non as asumiron, o 1 de decembro de 2002 moito menos", engadiu Villar.

  • Anteriores: Os científicos cualifican de "despropósito" o afastamento do Prestige


  • 0/5 (0 votos)