Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS AO REFERENDO DA EUROCONSTITUCIÓN

Touriño afirma que "Galiza estivo á altura das circunstancias"

"Galiza estivo á altura das circunstancias". Así avaliou o secretario xeral do PSdeG, Emilio Pérez Touriño, o resultado do referendo. Touriño asegurou que "Galiza ten contribuído con máis participación, máis apoio e menos votos negativos ca no resto do estado, á ratificación da Constitución Europea". Para Touriño, o resultado é "inequívocamente favorábel", pero "non hai partidos gañadores e perdedores: quen gañou foi a euroconstitución". O secretario xeral do PSdeG tamén salientou a "plena normalidade democrática" na que se desenvolveu a xornada electoral.

- 20:50 20/02/2005
Tags:


0/5 (0 votos)