Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
REACCIÓNS AO REFERENDO DA EUROCONSTITUCIÓN

O BNG considera que o resultado constata o distanciamento dunha gran parte da poboación con este Tratado

"Os resultados permiten constatar o distanciamento dunha gran parte da poboación respecto do Tratado e do que está facendo agora en Europa". Con estas palabras comezou Encarna Otero, responsábel da campaña do BNG, a súa avaliación dos resultados do referendo. Otero asegurou que "nós continuaremos na liña de construir unha Europa na que a cidadanía se sinta a gusto nos seus dereitos democráticos". Encarna Otero insistiu en que o referendo permitiu que se debatera sobre Europa, algo que o BNG "fixo durante unha campaña que consideramos que foi a debiamos facer".

- 20:45 20/02/2005
Tags:


0/5 (0 votos)