Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
POLÉMICO PROXECTO EN "FRAY BENTOS"

ENCE: a fronte aberta en Uruguai

A referencia ao caso pontevedrés está moi presente no país con maior porcentaxe de galegos á outra beira do Atlántico. A autorización para a construción de dúas grandes factorías de celulosa, unha promovida por ENCE, a pé do río Uruguai, preto da cidade de Fray Bentos, está topando cun forte rexeitamento social. En recente visita a Galiza, o vicepresidente uruguaio visitou o complexo da empresa en Pontevedra, onde confirmou o apoio do novo goberno ao proxecto aínda que subliñando que o seu país é "moi esixente" no control ambiental. Dende o propio Foro Social Mundial, promoveuse a pasada semana un manifesto contra unha iniciativa cualificada de "insustentábel" que forma parte dun modelo que "enriquece a uns poucos cos cartos de todos".

  • Anteriores: Lores dille a ENCE que o traslado é a mellor estratexia a medio prazo para a empresa

  • - 10:05 04/02/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)