Tratar de forzar a continuación do seu complexo industrial a pé da ría é o obxectivo último de ENCE, segundo acusan á empresa dende o goberno pontevedrés. Dende o concello subliñan que a lei de Costas marca claramente a fin da concesión dos actuais terreos para o ano 2018. Logo que o Congreso decidise que non hai prórroga para ENCE, a ubicación alternativa é non só prioridade para o proxecto da papeleira, senón para a fábrica actual en Lourizán. O director de ENCE insistiu en que "o traslado non é unha opción válida".