Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
PROXECTO APARCADO

ENCE presiona a Pontevedra coa papeleira

Logo dunha xuntanza este martes co presidente da Xunta, o presidente de ENCE, Xosé Luis Méndez, tamén presidente de Caixa Galicia, e o vicepresidente de Georgia Pacific, decidiron a súa "renuncia" ao proxecto de construcción dunha factoría que peche o ciclo productivo do papel en Pontevedra. Dende a cidade, o alcalde respóndelles este mércores que "o goberno municipal non se prega diante de intereses privados por moi poderosos que sexan" e insistiu en que está aberto a falar sobre outra ubicación para a factoría que cumpra "as condicións ambientais e legais" que debe ter á beira do "modelo de cidade sustentábel" que escolleron os cidadáns.

  • Porta pechada ao diálogo?
  • As cifras en xogo
  • O acordo inicial coa Xunta
  • Anteriores: Proposta de referendo e Razóns contra a papeleira

  • - 13:07 02/02/2005
    Tags:


    0/5 (0 votos)