A maior parte dos guindastreiros acollidos na Asociación de Empresas de Guindastres e Auxilio de Galiza, (ACEGA), secundará o paro. O sector reclámalles ás aseguradoras que respecten as tarifas por servizo que fixou un informe independente. Pero a patronal de aseguradoras, Unespa, oponse. Os e as condutoras poderán reclamarlle os servizos á súa aseguradora, que deberá indemnizalos dalgunha forma se non os pode facilitar. Os servizos mínimos, que aínda están sen fixar en Galiza, cubrirán cando menos os accidentes. Ademais, a Dirección Xeral de Tráfico puxo en marcha un operativo especial para garantir a seguridade e a fluidez nas estradas en caso de avarías. Na anterior folga do verán a DXT publicara estas recomendacións para os automobilistas.