A Federación de Consumidores subliña que calquera gasto que se derive do incumprimento contractual dos servizos de guindastre por motivo da folga pode ser reclamado polo usuario á súa aseguradora.
Pídenlle ao consumidor que se vexa no caso que recolla recibo de calquera gasto ao que se vexa obrigado por esta causa, incluída a posíbel axuda de guindastres non afectados polo paro, de cara a presentarllo logo á súa aseguradora. Aconsellan comunicarlle por fax ás aseguradoras o incumprimento do contrato asinado. Asimesmo, aconsellan acudir a unha asociación de consumidores para xestionar as reclamacións ás aseguradoras.
Xa que logo as recomendacións en caso de accidente ou problema co coche inclúen:
o envío dun fax á compañía aseguradora, para deixar constancia da data en que non se recibiu o servizo; acudir á policía ou garda civil presente no accidente, no seu caso, para que o inclúa no atestado; a petición de factura en caso de que acuda un guindastre diferente ao do seguro; conservar todas as facturas vencelladas: taxi ou aluguer de coche no caso de precisalo, aloxamento...; en caso dalgún problema para que a aseguradora se faga cargo dos gastos, acudir á Direcciñón Xeral de Seguros.