As Redes Escarlata organizan este sábado en Lalín as segundas xornadas "Un debate, mil repúblicas". As sesións da mañá estarán centradas nos relatorios de Francisco Sampedro e Carme Adán: "A violencia: irreductíbel?" e "Violencia patriarcal: mulleres, coñecemento e comida". Pola tarde está prevista unha mesa redonda sobre "A esquerda nacionalista en construción" que contará coa participación de Carlos Morais (Nós-Unidade Popular), Mariano Abalo (Fronte Popular Galega), Xosé Collazo (Partido Comunista do Pobo Galego) e Braulio Amaro (Bases Democráticas Galegas). Por último, a acción teatral de "Sete magníficos máis un".