Son xa máis de corenta millóns de persoas en todo o mundo as infectadas polo VIH. As estatísticas sobre a enfermidade amosan a necesidade de facer máis esforzos para afrontar a situación. Dende a comunidade científica sublíñase nos últimos tempos que ademais da loita polo acceso aos tratamentos dos máis desfavorecidos, que ten producido fortes choques coa industria farmacéutica, é preciso impulsar plans fortes de prevención nos sistemas sanitarios. Violencia, pobreza e opresión está facendo que a cota de mulleres vítimas do virus se dispare nos últimos anos. Por este motivo, o lema da ONU para este ano é "Mulleres e nenas fronte á SIDA, ídesme escoitar á fin?".