"Pensamos que están provocando", criticou este xoves a alcaldesa Corina Porro en referencia á chegada do barco de Greenpeace ao porto de Vigo. Durante a xuntanza do Consello Económico e Social por ela presidido, houbo unanimidade na condena ao que se denominou "acoso á flota galega". Entre outros, PP, PSOE, BNG, PG, UXT, CCOO, CIG, a Federación de Veciños, a Cámara de Comercio e a Confederación de Empresarios apoian a manifestación convocada para ás 17h. deste venres. Mentres, os ecoloxistas suspenderon as actividades de educación ambiental no barco porque a Autoridade Portuaria lles comunicou que non podía garantir a seguridade dos cativos.