Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CRISE NO PPdeG E NA XUNTA

Rajoy voa de urxencia a Galiza para entrevistarse con Fraga

A viaxe de urxencia do presidente do PP, Mariano Rajoy, para entrevistarse esta tarde con Fraga pon de manifesto a extrema gravidade da crise no PPdeG e na Xunta. Rajoy intentou hoxe frear o intento de Fraga de cesar como secretario xeral do PPdeG a Palmou, tal e como demandaba o grupo de Baltar e Cuíña. Pero a entrevista rematou ás 21:00 h. sen que traslocesen resultados. O propio Xesús Palmou recoñeceu esta tarde no parlamento que "comparecía nunha circunstancia especial" e por "respecto institucional". Porén, adiou pronunciarse posteriormente sobre a súa demisión "porque hai moitas persoas que me recomendan prudencia". A demisión anunciada do conselleiro de Pesca López Veiga no caso de que prospere a decisión de Fraga podería ser a primeira consecuencia da crise, pero non se rexeita que a conselleira de Familia, Pilar Rojo, o conselleiro de Sanidade, X.M. González, ou o vicepresidente primeiro, Alberto Núñez Feijoo, poidan seguir o mesmo camiño.

  • Núñez Feijoo advirte que "non se está acertando coa solución" á crise do PPdeG
  • Anteriores: A demisión do Palmou pode provocar unha gran crise na Xunta
  • Aviso de Rajoy a Fraga para que non ceda máis fronte aos rebeldes

  • - 06:59 03/11/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)