"Non se pode estar na Igrexa opinando segundo lle pareza a cada un", vén de advertir José Gea Escolano, bispo da diócese Mondoñedo-Ferrol, "a fe e a moral da Igrexa non se sirve á carta, de xeito que cada un poida escoller o que máis lle guste". Di o bispo que existe unha postura "non só anticlerical, senón antirrelixiosa" que na súa opinión leva a unha "apostasía xeralizada" e defende o dereito da Igrexa "a orientar a seus fieis", reafirmándose en posicións coma a condena ás unións homosexuais. E un aviso para católicos que cavilen disentir sobre as posturas oficiais: "ou se admite totalmente a fe e a moral" ou se pon un "fóra da comunión eclesial".