Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
CONFERENCIA INTERNACIONAL EN BANGOK

A ONU di que a ameaza do planeta é a SIDA e non o terrorismo

"Os ataques de terroristas poden matar milleiros de persoas, pero estamos aquí para facerlle fronte a un andazo que está matando millóns de enfermos", advertiu o secretario xeral das Nacións Unidas durante a xuntanza internacional contra a Sida. Segundo os datos da ONU, para o 2010 un de cada tres cativos da Áfrixa subsaxariana serán orfos debido a esta enfermidade. Colectivos humanitarios despregaron na sede da convención bolsas negras coas que querían simbolizar os mortos e cartaces onde denunciaban a presión dos poderosos xigantes farmacéuticos que impiden o acceso ás menciñas dos máis pobres. Dende o eido científico tamén se pediu a distribución de fármacos xenéricos nos países onde agora mesmo non hai acceso a tratamentos.

  • Esténdese o andazo da Sida polo mundo

  • - 06:05 14/07/2004
    Tags:


    0/5 (0 votos)