Pouco despois do mencer, os equipos de salvamento atoparon mortos cinco dos dez tripulantes do 'O Bahía'. O pesqueiro afundiu na noite do mércores, marcada polos fortes ventos, preto das illas Sisargas. O barco, de cinco anos e fletado por un armador de Cesantes para a pesca do bocarte estaba tripulado por mariñeiros naturais de Redondela, Cangas, Panxón e Cambados. Chegaba de volta de faenar en augas de Euscadi e fixera a última escala no porto lugués de Burela camiño do porto de Vigo.