Debe estar a producción cultural dos pobos de Europa protexida no mercado global ante a posición de forza da industria estadounidense? Son os filmes, os libros ou as artes plásticas unha mercadoría máis? Que relevancia ten a producción audiovisual na construcción da identidade galega? Estas son algunhas das cuestión que se debaterán na segunda edición das xornadas "Academia Aberta" dedicadas a "Excepción e identidade cultural" organizadas pola Academia Galega do Audivisual. As conferencias e mesas redondas celebraranse na Fundación Luís Seoane, da Coruña, os días 21 e 22 de abril.
A primeira xornada comezará o mércores 21 ás 10,00 da mañá, coa inauguración do Foro, á que axistirá o Conselleiro de Cultura, Comunicación Social e Turismo, Jesús Pérez Varela; un representante do Concello da Coruña, o Director Xeral de Comunicaciòn audiovisual, Ignacio Otero, un representante da Concellalía de Educación e Cultura do Concello da Coruña; o xerente do Consorcio Galego do Audiovisual de Galicia, Ignacio Varela, o Subdirector de Caixanova, Luís Vela Alarcó, e o presidente da Academia Galega do Audiovisual, Manuel Gómez.
Ás 10 da mañá, a Plataforma para a Defensa do Cine Español manterá unha xuntanza -xuntanzas que manteñen mensualmente, e que por mor da estadía en Galiza para asistir ao Foro se celebra na nosa Comunidade- trala que, ás
12,30, ofrecerá unha Rolda de Prensa nas mesmas instalacións da Fundación Luís Seoane da Coruña. Xa pola tarde, ás 5, terá lugar a primeira mesa redonda que leva por título "Denominación de Orixe", que será moderada polo
crítico de cine e historiador Miguel Anxo Fernández e que abrangue a guionistas e escritores.
O día 22 xoves, ás 11 da mañá celebrarase a mesa redonda "Marca de Fábrica", que atinxe fundamentalmente a actores, e que será moderada por Antonio Mourelos. "A identidade cultural" será a mesa que se celebra pola
tarde, ás 5, na que participarán directores e realizadores, e que será moderada por Manolo Abad, director e realizador do programa Luar. Ás 11 da mañá do día 23 venres, "Made in Galicia" aglutinará a productores, distribuidores e exhibidores, sendo moderada polo Director de Producción da TVG, Carlos Carballo; ás 5 da tarde, "Modernización e ITV" acollerá a técnicos de son, directores de fotografía, músicos, directores de arte e montadores, e será moderada esta mesa redonda polo director de fotografía Suso Bello.
A cena de Gala celebrarase ás 9,30 da noite, e no transcurso da mesma, a Academia Galega do Audiovisual entregará a Medalla de Ouro deste ano a José Mª Prado, medalla que será entregada por José Luís Cuerda, que foi quen
de recibir a 1ª medalla na que foi 1ª edición desta Academia Aberta o ano pasado.
Amais da Academia Galega do Audiovisual, na que reacae a organización xeral do evento, tamén participan CREA -mesa de directores e reunión da Plataforma-, AGAG (a mesa de guionistas), AGAPI e AEGA -mesa de productoas-, AISGE Galicia e AADTEG -mesa de actores-.