A Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Escena de Galiza fixo pública a relación de nominados para a oitava edición dos premios "Maria Casares" de teatro. A montaxe Así que pasen cinco anos, da compañía Sarabela, está nominada en dez das trece categorías; entre elas a de mellor espectáculo, mellor dirección e mellor actor protagonista.
Con seis nominacións figura A gran ilusión do Teatro do Morcego e con cinco Acto seguido, de Matarile Teatro.
O premio "María Casares" ao mellor espectáculo de 2003 será para unha destas montaxes: Acto seguido, da compañía Matarile Teatro, Así que pasen cinco anos da compañía Sarabela e O canto do dime-dime, da Factoría Teatro.
Os aspirantes ao premio á mellor dirección son: Anxeles Cuña Bóveda, por Así que pasen cinco anos, Avelino González, por Bicos con lingua, e Ana Vallés, por Acto seguido.
Fernando Dacosta, por Así que pasen cinco anos; Marcos Orsi, por A comedia do gurgullo, e Artur Trillo, por Bicos con lingua, son os nominados para mellor actor protagonista.
Na categoría de actrices protagonistas, as nominadas son: Maxo Barjas, por A gran ilusión, Blanca Cendán, por Lili Berlín cabaret alemán e Marta Pazos por Sidecar.
As actrices e actores secundarios, agás Sonia Rúa por A gran ilusión, pretencen todos á compañía Sarabela Teatro e actúan na montaxe Así que pasen cinco anos. Ademáis de Sonia Rúa, están nominados: Elena Seijo, Nate Borrajo, Suso Díaz, Xavier Estévez e Xosé A. Porto "Josito".
Nesta edición o "Premio de Honra Marisa Soto" é para o Padroado de Cultura do Concello de Narón, "por considerar que esta institución está a promover e protagonizar unha política cultural, e dentro dela a teatral, que fai que este concello sexa un dos poucos onde hai unha exhibición regular de espectáculos, unha programación continuada e unha oferta teatral estable".
O resto de nominacións son as seguintes:
Mellor texto orixinal:
Manuel Lorenzo por Liturxia de Tebas
Ana Vallés por Acto Seguido
Avelino González, Cándido Pazó, Xabier Lama, Suso de Toro, Ana Iglesias, M. Núñez Singala e Marta Etchevarría, por Bicos con lingua
Mellor adaptación/traducción:
Ánxeles Cuña Bóveda por Así que pasen cinco anos
Frank Meyer por O canto do dime-dime
Celso Parada por A gran ilusión
Mellor escenografía:
Suso Díaz por Así que pasen cinco anos
Baltasar Patiño por Acto seguido
Antonio Simón por Daquel abrente
Mellor música orixinal:
Brandam e Bernando Martínez por Hai que romper
Pablo Costas por A gran ilusión
Fran Pérez por Sidecar
Mellor maquillaxe:
Sonia Rúa e Maxo Barjas por A gran ilusión
Fanny Bello por Sidecar
Carmela Montero por Así que pasen cinco anos
Mellor vestiario:
Carlos Alonso por A comedia do gurgullo e por A gran ilusión
Teté Seoane por Así que pasen cinco anos
Mellor iluminación:
Eduardo Alonso por A comedia do Gurgullo
Suso Díaz por Así que pasen cinco anos
Baltasar Patiño por Acto seguido
Os gañadores coñeceranse o 27 de marzo, Día Mundial do Teatro, nun acto que se vai celebrar no teatro Rosalía de Castro da Coruña.