Vieiros

Vieiros de meu (ou rexistrate)

Eleccións Galiza 2009

ir á portada do especial

Os candidatos á presidencia

Emilio Pérez Touriño

A Coruña, 8 de agosto de 1948.
É doutor en Ciencias Económicas.
É Secretario xeral do PSdeG-PSOE e Presidente da Xunta de Galicia.


É profesor numerario na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi vicerreitor para Asuntos Económicos. Está casado e ten dous fillos. Ten realizado estudos de especialización no Instituto de Investigación e Planificación do Desenvolvemento na Universidade de Grenoble –Francia-.

Autor de numerosos estudos sobre temas de desenvolvemento rexional e economía agraria no marco da Unión Europea. Premio Nacional de Publicacións Agrarias, Pérez Touriño dirixiu traballos e publicacións en relación coas infraestruturas e co crecemento económico de Galiza.

Comprometido desde a súa mocidade cos movementos democráticos de loita coas liberdades, dirixente estudantil e activo militante progresista durante a transición democrática, participou directamente no proceso do Estatuto de Autonomía de Galicia e nos pactos do Hostal que o posibilitaron.

Posteriormente, na súa traxectoria política cumpre sinalar a súa participación nos gobernos socialistas dende 1985 a 1994. Foi subsecretario do Ministerio de Transportes, Turismo e Comunicacións, pasando despois a desenvolver a súa actividade na Secretaría Xeral de Infraestruturas do Ministerio de Obras Públicas, Transporte e Medio Ambiente. Nesta época asumiu a responsabilidade das grandes obras de infraestruturas viarias e ferroviarias da modernización de España. Entre outros, como responsábel de Infraestruturas, participou no proceso de finalización da Autoestrada do Atlántico, a execución das autovías de enlace con Galiza desde a Meseta e convenios coas grandes cidades do país.
En xullo de 2005 tomou posesión como presidente da Xunta de Galicia, logo do pacto de goberno asinado por PSdeG-PSOE e BNG.
Os programas

Administración pública: inercias e urxencias dun xigante

Os principais grupos políticos teñen a convicción da necesidade dunha nova lei de función pública, malia que difiren na concreción. No medio, o PP pretende suprimir para os funcionarios a obrigatoriedade de coñecer o galego.