Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Na axenda do Foro Social o ano pasado

A débeda externa: unha das prioridades pendentes

A Nobel da Paz Wangari Maathai subliñaba no peche do FSM 2007 a petición de condonación da débeda externa dos países subdesenvolvidos.

Redacción - 09:00 23/01/2008

"Como é posíbel castigar os pobres cidadáns, que nunca foron consultados sobre os préstamos, usados a cotío para oprimilos, fortalecer o réxime e as elites e explotar recursos a expensas da saúde, o ambiente e benestar da xente?". Eran as palabras de Wangari Maathai destacadas por Vieiros hai agora un ano, logo da clausura do Foro Social Mundial, que en 2007 se celebrou na capital de Kenia, Nairobi (FSM 2007).

Os colectivos aló reunidos aproveitaron a proxección da última xornada da cita altermundialista para salientar unha das reivindicacións consideradas prioritarias: a solicitude da cancelación do cento por cento das débedas externas. Segundo a análise na que durante o mesmo foro coincidiron distintos expertos convidados, trátase dun pesado lastre sobre a economía de moitos dos países en desenvolvemento. Maathai sinalou que moitas destas débedas teñen a súa orixe nos acordos acadados con líderes ditatoriais e que na maior parte das veces "eses cartos nunca benefician a aqueles aos que van dirixidos".


0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: