Volver a Vieiros

Unha semaniña enteira...

Enviado por jiana-kepler o día 14.04.2009

“As primeiras letras de cada palabra son a clave do relato”

Unha Noite Húmida Amámonos
Nunha Obtusa Improvisación, Torpe, Efémera,
Nunha Obsesión.
Momentaneamente Unímonos, Ilusos, Nun Humillante Orgasmo.

Unhas Novas Habilidades Amatorias,
Notoriamente Obscenas, Innovan Técnicas Engaiolantes,
Navegan Orificios Naturais
E
Nudeces Ansiosas De Agarimos.

Unen Nocellos Honestamente Asépticos
Senos E Mamilas Ardentes, Nádegas Indecentemente Núas, Heterodoxos Asedios,
E Naufragan Tedios E Inícianse Rotas Alternativas

Incluíndo Sensuais Orxías
Sutís Innovacións
Que Urdirán Estratexias,
Exploracións,
Mutuas Unións Impetuosas, Nuns Heréticos Actos De Amor


2,82/5 (17 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.