Volver a Vieiros

Xunta de Galicia

Enviado por tusitala o día 17.03.2009

Nun intre, a ferventía do desexo derrubou entre eles barreiras ideolóxicas e sectarismos de partido.

Nun intre, ficaron esquecidos informes oficiais e discursos parlamentarios, proxectos lexislativos e convenios de colaboración, titulares de prensa e ordes do día, datas de comisión e de pleno, declaracións públicas e notas oficiosas, programas de actos e proxectos de goberno.

Nun intre, sobre a butaca ergonómica do despacho institucional, a erótica do poder cedeu paso ao poder do erotismo: fóra traxes, fóra gravatas.

E foron altos cargos cegados polos baixos instintos.


2,5/5 (18 votos)

bases ferve a rede

premios ferve a rede

Acceso

Se non estás rexistrado/a, faino aquí.