Volver a Vieiros

Tres horas

Enviado por cafeverde o día 07.03.2008

Estás a piques de chegar e a tarde promete as maiores delicias, morro só de pensalo. Primeiro xadeos urxentes, remexo violento de sabas, entrega animal ao corpo do outro: toda unha semana sen tocarnos é unha tortura... Despois, caricias a andar suaves polos camiños anhelados. A ducha que tentaba despegarnos só vale para reavivar o desexo, mais o tempo se esgota. As tres benditas horas remataron. Agora a soñar e esperar as próximas.

2,54/5 (13 votos)

bases ferve a rede


premios ferve a rede