Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
Medalla de ouro de Galicia para os catro ex presidentes

por  Redacción
Ref #
Descargar 5 Votos 0 Fans  Enviar
O Consello da Xunta aproba a homenaxe este ano a Xerardo Fernández Albor, Fernando González Laxe, Manuel Fraga e Emilio Pérez Touriño.

Letras

"En atención á relevancia dos servizos constantes prestados á sociedade galega" o Consello de Goberno aprobou este venres o decreto que lles concede a Medalla de Galicia, na súa categoría de ouro, aos catro ex presidentes do Executivo. A máxima condecoración outorgada polo Goberno seralles así imposta aos ex presidentes nun acto a celebrar o próximo Día da Patria.

"Son as cabezas visíbeis da Galiza democrática, da Galiza autonómica, da Galiza plural e da Galiza moderna", repasou o actual presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, durante o anuncio posterior diante dos medios da decisión do seu gabinete. Engadiu Núñez Feijoo que o recoñecemento aos catro ex presidentes quere homenaxear "o liderado dun éxito colectivo, que é ter consolidada a Autonomía despois de 27 anos". "Prestixiaron e seguen a prestixiar o pobo de Galiza", expresou o mandatario, insistindo en que a concesión da máxima distinción do Goberno quere constituír "un tributo de toda Galiza".

Fraga, o único activo na primeira liña
Xerardo Fernández Albor accedera ao cargo de Presidente en xaneiro de 1982 e optou nos seguintes comicios á reelección, manténdose no cargo até 1987, cando unha moción de censura o botou fóra do Goberno. Logo de pasar dúas lexislaturas no Parlamento Europeo (1989-1999), na actualidade é asesor do Consello Consultivo e articulista. É tamén membro de institucións como a Academia Médico-Quirúrgica, a Sociedade de Ciruxía de Galicia, o Padroado da Universidade, o Padroado Rosalía de Castro, o Instituto da Lingua Galega, o Museo do Pobo Galego, o Instituto Otero Pedrayo e Cruz Vermella.

Fernando González Laxe foi Presidente entre 1987 e 1989, nun goberno de coalición entre o PsdeG-PSOE, Coalición Galega e o Partido Nacionalista Galego. Fracasou posteriormente no liderado da candidatura socialista coa chegada de Manuel Fraga á area política galega. Apartado da primeira liña política desde aquela, na súa condición de licenciado en Ciencias Económicas e doutor en Ciencias Económicas e Empresariais, mantivo a súa actividade docente na Facultade de Economía da Universidade da Coruña. En abril de 2009 volveu a primeiro plano sendo nomeado presidente do Organismo Público Portos do Estado, dependente do Ministerio de Fomento do goberno español.

A Laxe sucedeuno na presidencia do país Manuel Fraga Iribarne, quen estivo no cargo de presidente da Xunta entre os anos 1990 e 2005. Logo da conformación do bipartito aquel ano e do posterior proceso de sucesión que levou a Alberto Núñez Feijoo ao liderado do PpdeG, Manuel Fraga marchou a Madrid onde é actualmente senador por designación autonómica. É presidente fundador do PP e forma de parte de diversas organizacións europeas como o Comité das Rexións ou a Conferencia de Rexións Periféricas e Marítimas de Europa.

O penúltimo presidente da Xunta, Emilio Pérez Touriño, mantén actualmente a acta de deputado no Parlamento pola provincia de Pontevedra, malia estar apartado na práctica da primeira liña política do seu partido. Doutor en Ciencias Económicas e profesor numerario na Universidade de Santiago de Compostela, onde foi Vicerreitor para Asuntos Económicos, ten manifestado a súa vontade de centrarse agora en exclusiva na súa actividade docente.

 Comentario(s)

ptovar
ptovar - 17/07/2009 07:33

"Son as cabezas visíbeis da Galiza democrática, da Galiza autonómica, da Galiza plural e da Galiza moderna". "Da Galiza Moderna"!!!!, sempre que vou en bus de Coruña a Sada pola mesma estrada da época do Xeneralísimo lembrome moito destes catro. Nunca o ouro estivo tan devaluado.
Postos a dar medalliñas propoño tamén a José Bono que o home leva tempo desexándoas.
Nada, parabens e a desfrutalas en familia.

Xeonllo
Xeonllo - 17/07/2009 07:45

¿E cales foron os méritos destes catro para tan alta distinción?

¿O simple feito de teren ocupado a poltrona de San Caetano? Moito me temo que si.

Condecóranse a si mesmos despois de ter afagado o seu ego e o seu peto cos anos de "mando" en Galiza.

E os galegos votan e parece que non deixarán de votar para que continúe a gobernar este tipo de xente. É máis: os que votan serían felices de estaren no sitio dos gobernantes. Non é mellor o pobo que os políticos. Temos, pois, os gobernos que merecemos.

beldro
beldro - 17/07/2009 08:12

triste pero certo, Xeonllo...

Carlinhos
Carlinhos - 17/07/2009 09:35

#2 Um foi ministro franquista, outro quase foi piloto da luftwaffe e formou-se como médico no III Reich, um outro foi membro do governo responsável dos GAL e o outro militou na mesmo partido que ademais meteu o Reino de Espanha na OTAN, organizaçom valedora de Franco...
Som poucos méritos para levar umha medalha d'ouro da "GaliCIa" que esquceu a Galiza do exílio e da resistência antifranquista interior? ;(

mansdodemo
mansdodemo - 17/07/2009 10:08

Estou en contra "a tope", dos laciños, medallas, fillos,as adoptivos,as e demáis condecoracións.........para elevar o ego a especie humana.
A humildade, é unha cualidade extraordinaria, pouco mirada e pouco valorada.

luaminguante
luaminguante - 17/07/2009 11:57

este feijo o que está é preparando o terreo para que lle den unha cando nos deixe para marchar a madrid

Xeonllo
Xeonllo - 18/07/2009 12:38

Por suposto, danse medallas a si mesmos. Pura farsa.