Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
A Xunta cesa a Lois Castrillo e propón como novo xerente do Consorcio un avogado coruñés

por  Redacción
Ref #
Descargar 2 Votos 0 Fans  Enviar
O escollido foi Roberto Rodríguez Martínez, do que se valorou a súa traxectoria profesional e perfil técnico.

Letras

Mentres os traballadores do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e de Benestar continúan coas súas mobilizacións defendendo os seus postos de traballo, o comité directivo comezou xa a dar pasos na súa renovación. Este venres cerou do seu cargo ao xerente da entidade, Lois Castrillo e propuxo para sucedelo ao avogado coruñés Roberto Rodríguez.

Segundo informou a presidenta do Consorcio, Beatriz Mato, neste nomeamento tívose en conta a traxectoria persoal e o perfil técnico de Rodríguez. Subliñan así que non ten adscrición política algunha polo que a súa escolla cumpre un dos obxectivos básicos da renovación do Consorcio: "despolitizalo e iniciar unha nova etapa de colaboración entre Administración e entidades locais que non estean condicionadas polo color político".

Motivos do atraso
Segundo explica o comunicado da Consellaría de Traballo, o atraso no relevo de Castrillo debeuse ás súas demandas exixindo unha indemnización para deixar o cargo, que supoñía o pago de tres mensualidades do seu salario (4.500 euros brutos). Finalmente, a súa relación laboral co Consorcio rematou logo do pago dunha compensación de 7.200 euros brutos.

Novo xerente
Roberto Rodríguez Martínez iniciou a súa traxectoria profesional hai 16 anos como asociado nun bufete de avogados, no que estivo até o ano 1997. Nesta data creou o seu propio despacho, no que se adicaba a asuntos do eido civil, penal e administrativo. Ademais, é profesor de Dereito Financeiro e Tributario da Universidade da Coruña.

 Comentario(s)

anisio
anisio - 05/06/2009 08:11

ADEUS A CASTRADILHO... OUTRO MÁIS A CHUPAR DO TETO; Assesor de quin NUNCA PEGOUPANCADA...MUITA GARABATA, MUITO SAMESSUGA

pablo
pablo - 05/06/2009 08:33

non sei como será o próximo, sei que Castrillo era un inútil máis chupando do bote. Non será difícil melloralo

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 06/06/2009 12:32

Non ían desmontar o Consorcio por malo malisimo...

Gaviotero
Gaviotero - 06/06/2009 01:43

Castrillo fue uno de los peores dirigentes del BNG en Vigo y probablemente el peor alcalde de la ciudad, tan sólo superado por el actual incompetente e impresentable de Abelito.

Y como premio le dieron esto, con contrato blindado.

Anda que no saben estos del BNG...arriba los pobres del mundo, pero si son del BNG, más arriba que nadie.

Ama
Ama - 06/06/2009 03:47

Non vou dicir que o sinto por Lois Castrillo, xa que de seguir como xerente os Lobos do PP llo ian facer pasar moi mal, pero non coincido cos ataques a sua persoa é a sua xentión, Lois fixo o que se lle pediu, que foi poñer en marcha o consorcio, e ahí está, funcionando, algo do que xa ninguen quere prescindir.
Basta xa de tanto odio e ataques o BNG, e a UPG, sodes un miserabeis, o BNG so tivo a oportunidade de gobernar 4 anos coa mala conpañida do psoe, e fixo maís que o pp en 16 anos, so tedes que ver as noticias de estos diás para darvos conta do que podemos perder.
Ninguén naceu aprendido e sempre se cometen erros, e o bng cometeu os seu, pero hai que ser xustos e xenerosos, nunca antes galicia fora como estos catro anos atras,
Coa volta do pp tal vez apreciemos o conseguido, eo que nos queren quitar, sobre todo a libertade, e a xustiza.
Non o podo calar, sodes un miserables, o inimigo de galiza e o PP, a VOZ, o FV, e atacades o mais débil, a quen sabedes que non vos voi a devolver o golpe se non é coa razón e a verdade.
O Consorcio, Seaga, Bantegal o concurso eólico,son duas das mellores cousas feitas polo anterior goberno, duas ferramentas para a mellora de Galiza, e non olvidar que foi obra do BNG, con todos os erros que duiderón cometer, e obre deles, non vosa, que estades facendolle o caldo gordo o PP.
Por certo Lois Castrillo foi primer e único alcalde nacionalista e de esquerdas de Vigo, e o mellor alcalde, so tedes que ir as hemerotecas, o cambios mais grandes da cidade fixéronxe no seu goberno, ninguen a día de hoxe renunciaria a nada do feito durante o seu goberno, e volvo a repetilo , foi o psoe o mallor inimigo do BNG na que les tempos, o PP o foi e o será sempre.

Manuelaldao
Manuelaldao - 06/06/2009 10:28

Porque ian prescindir dun chiringuito os grandes amantes do chiringuito. Atopan este xa desenrolado pois ala a por outro.

cachamuina
cachamuina - 06/06/2009 01:15

E os que colocou Castrillo tamén van cesar? Que pasa con Antón Tenreiro e Pili Candocia?. Os que entraron cunha entrevista persoal cando cesan?

Benchoseiv
Benchoseiv - 06/06/2009 02:16

#4-TXAKURRAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAA;KAMPORA.ULD KAHWA!!.
O filho do RABIOSSO(um assessinho fascista de Vigo).

lois_galiza
lois_galiza - 06/06/2009 02:31

Cachamiuña, Pili Candocia e Anton Tenreiro xa cesaron fai tempo.

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 06/06/2009 03:12

O Castrillo pediu que o cesaran ao día seguinte do novo goberno chegar non o fixeron porque toda a xente á que se lle propuxo non quixo, e para disculpar o retraso teñen que inventar trolas como o da indemnización que disque pedía. E nin lle pagaron o que lle correspondia....

En todos os nomeamentos lle pasou o mesmo, negoulle moita xente porque supuña cobrar moito menos e traballar máis, mesmo as fins de semana.

Pero claro vos podedes cres as trolas pperas...

Marat
Marat - 06/06/2009 04:09

Os que din que a xestion de Castrillo foi mala en Vigo non teñen nin idea. Toda a humanizacion que se fixo en Vigo foron proxectos postos en marcha por el ó igual que os aparcadoiros , a rua do principe e un largo ect.

Gavioteiro a tua amiga Corina o unico que fixo foi rematar os seus proyecto (e dicir que o fixo ela. Mentira!) e chear todo de plantas.

alpabarda
alpabarda - 06/06/2009 06:42

O de Castrillo cando foi alcalde de vigo non ten nome: Ausentarse das votacións cando se votaba unha obra que despóis foi declarada ilegal, daquela era beirista porque gañaba beiras, axiña se fixo quintanista porque gañaba quintana: Unha veleta en busca de diñeiro.

Os do PP acúsanlle de cousas realmente noxentas e inaceptábeis para quen se dí de esquerdas e nacionalista: Non asistir a traballar con asiduidade (cobrando tres mil e pico euros ó mes), ter contrato de alta dirección con dereito a indemnización, etc.

CASTRILL TEN QUE EXPLICAR ESTAS COUSAS. OS ATAQUES NON SE LLE FAN AO NACIONALISMO, FANSELLE A EL.

alpabarda
alpabarda - 06/06/2009 07:04

Ama

"Non vou dicir que o sinto por Lois Castrillo, xa que de seguir como xerente os Lobos do PP llo ian facer pasar moi mal"

Mira compañeira, cobrando 4000 e pico euros brutos por un traballo de xerencia non o pasa mal ninguén. Pásano mal os galegos con gañas de traballar pero sen traballo. Paréceme unha falta de respeito a todos os parados deste país.

En segundo lugar, aquí ninguén ataca a UPG, se está cuestionando a Castrillo por non acudir a traballar e por poñerse por contrato unha indemnización en caso de despido. É castrillo que se ten que defender, non a UPG nin o BNG.

Pero bueno, o voso rollo de "amado líder" lévabos a estos comentarios e apreciacións estrambóticas e surrealistas.

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 06/06/2009 07:24

Achegaronme a resposta do aludido que seguro que non a pon ningún medio....

AS MENTIRAS DA VOZ*

*-Mais unha vez-*

*_Contestación ás intoxicacións xornalísticas da Voz-PP sobre o cese do xerente do Consorcio Lois Pérez Castrillo_*

Como ven sendo habitual, a Voz segue atacando ao nacionalismo, neste caso personalizando a sua xenreira na figura de Lois Pérez Castrillo, ex-xerente do Consorcio Galego de I+B, nunha animadversión persoal que xa ven de vello.

De cando era alcalde de Vigo e non cedeu ás presións (que teñen chegado á mais pura e literal chantaxe) cando este medio de comunicación esixialle que seguirá a manter con el os mesmos privilexios económicos que tiñan con Manolo Përez.

A Voz ten atacado a Lois Castrillo, mesmo no plano persoal e mesmo despois de abandoar a alcaldía, chegando a publicar noticias falsas sobre temas persoais. Xa que logo non é de estranar que fora case que o único meio de comunicación que ademais de atacar ao BNG e á súa xestión no governo, tivera unha “especial predilección” polo xerente do Consorcio.

Esta “predilección”-persecución inmoral continua mesmo logo de gañar o PP. Servíndolle este nefasto medio de comunicación, de protector da súa inactividade, publicando contínuas novas sobre “o burato interminable” por onde seica o bipartito meteu todos os cartos para que o PP non poidera gobernar. Novas sobre os “buratos” no sistema antiincendios, na cidade da cultura, en vivenda, e como non, no Consorcio!!. Onde ademais o xerente contratou todo tipo de amigos e militantes, malversou cartos e todo isto sen ir sequer a traballar!!.E ademais pide unha indemnización millonaria, que cara!!.

Por iso o teñen que botalo do posto de xerente. Non é porque sexa do BNG, nen porque houbera o un de marzo un cambio de goberno que fai que, por lóxica, todos os altos cárregos da administración psoe-bng deban ser removidos. Non, no caso de Lois Pérez Castrillo é porque é un mangante, sen mais!. Se fora eficaz e traballador...seguriño que ia ficar no posto.

O PP-Voz, pretende adicar os seis meses que fican para rematar o ano, atacando a xestión do governo anterior, porque carece de iniciativa e alternativa frente a crise económica e ademais porque intenta xustificar a volta ao pasado fraguiano, con supostos buratos económicos, supostas malversacións, supostos gastos publicitarios e suntuarios excesivos, supostos enchufismos, etc.

Pretende xustificar así, a volta a un modelo “técnocrático e de austeridade”, cuxa verdadeira faciana é: a privatización no ámbito da prestación dos servizos básicos sanitarios, educativos e sociais, o neoliberalismo no ámbito económico e o amiguismo e o autoritarismo no político.

Por útimo aclarar que as acusacións concretas que se están a facer sobre a xestión do consorcio son radicalmente falsas ou cando menos, medias verdades manipuladas (que son as peores mentiras,pois son mais difíceis de desenmascar) e que a famosa indemnización millonaria correspondese co mínimo que a lei asigna como indemnización para os contratos de alta dirección para o caso de que non medien tres meses preaviso de despido (teñen que abonarse eses tres meses non preavisados). Estes contratos son habituais nos postos directivos de entes de xestión e por suposto, na empresa privada poden acadar cifras de vértixe, cousa que non é o caso.

Por outra banda o xerente nunca pediu imdennización alguna, somente pediu que o cesaran dunha vez xa non quería traballar para o PP!!, negándose a tomar nengunha decisión que lle corresponderá tomar aos novos responsábeis políticos; os que, por outra banda, desde que tomaran posesión nen o chamaron nen mostraron interese e ganas decidir nada.

As decisións que non tomaron eles son as que agora serven de absurda excusa para o seu cese (non porque teñan que facelo, senon porque é ineficaz xetor e ademais partidista!!).

Que o saibas

Lois Pérez Castrillo

papeiro
papeiro - 06/06/2009 08:17

Grazas, fidalgogaliza, vese que tes liña directa co Vaticano... Para os que non leron a noticia -imprescindible para valorar- da prensa enemiga deixo un enlace:

http://www.lavozdegalicia.es/g...

Que sigades mantendo ao Bng como de esquerdas é unha cuestión de fé, os que para crer precisamos meter a man na chaga abóndannos os feitos comprobados. O de inspección de traballo, que aquí non se menciona, non é unha leria, como tampouco -feitos públicos e publicados- cando se beneficiaba ao irman do conselleiro dos mellorados pola industria, nin á irmá do vicepresidente en concello amigo...

Pode que sen El País non destaparan a trama de Valencia, ou sen Época/Intereconomía non coñeceramos a cacería do ministro e o xuiz. A fiabilidade dos medios é moi limitada, a un servidor danlle noxo a liña editorial de calquera dos citados, e colaboraría encantado no afundimento do voceiro dos intereses coruñeses. Mais hai ocasións en que debemos agradecer que a luz entre nas cavernas levantadas desde o poder. E ben sabemos que calquera poder, a falta de medios para evitalo, corrompe. É tempo de procurar alternativas a estes partidos que desprezan a sociedade, de controlar a caste política, ou de rirnos da democracia e da esquerda que din defender.

E non pretendemos luxar aos inmaculados que gobernaron nos catro anos anteriores, son os seus méritos os que destacan. Lamentámolo polos acólitos, sabemos que ao igual que nas romarías tamén contamos coa insistencia dos simples -ou interesados que recollen as esmolas- nas milagosas obras e aparicións dos beatos do bipartito como unha cuestión de fé. Só unha súplica: deixen de afearnos a conduta por absterse e deixar gobernar á dereita feroz, os non crentes non sentimos culpa, o pecado é unha invención dos vosos predicadores.

Ama
Ama - 06/06/2009 09:17

Estimado-a alpabarba.

pódoche asegurar que ningún "amor de nai" me cega, o vexo todo moi claro, son a xente coma ti a que manexa un "rollo" basado na demagoxia mais trapalleria, coma a do PP, descalifcar, faltar a verdade, etc, en fin, que lle vamos facer, do Sr. Lois Castrillo dixeronse moitas cousas, moitas mal, e gran parte de las falsas, e tes razón el é maior, e pode defenderse so.
O que un insulto para todos os galegos son as mentiras do PP, autoamplificadas pola Voz, e o FV, e un insulto o comportamento de Baltar en ourense, colocando a toda a familia e amigos, a de Louzán en pontevedra, apoiando a Galicia Bilingue, e fin estades cegos para o que vos interesa, ahora, joder, as acusacións que fas de lois castrillo son pijada.
Por certo, ti traballas de balde? estou seguro, que ti por uns módicos 1000€ desempeñarias ese traballo por amor a Galiza, por que non madas o teu curriculum a Feijoo, co seu plan de austeridade seguro que te contrata, se non e para una xerencia, seguro que como aseso-a.
O novo xerente non creo que cobre menos que castrillo, porque todos o mesmo por ese cargos, eu polo menos non aceptaría menos.
O que vos dicía gastades una demagoxia do mais trapalleria, poñer os pes na terra, este é o mundo real.

Volvo a repetilo, o inimigo e o PP, a Voz, o FV, e todos os que en vez de sumar esforzos para quitalos do medio.

Hai que sumar non dividir.

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 07/06/2009 10:21

Liña co Vaticano non que son apostata!!
Chegoume a min e supoño que a centos máis, agora cada que pode crer a quen queira, á Voz, ao PP ou ao ex-xerente.... e dime a quen cres e direiche a quen votas, asi de simples meu.;-)

Gaviotero
Gaviotero - 07/06/2009 12:30

Me podréis acusar de lo que queráis, pero de Castrillo se habla peor, mucho peor, en el propio BNG vigués, de lo que yo he expresado aquí...Y sé bien de lo que hablo. Pero bueno, si no queréis ver ni oír lo que sucede a vuestro alrededor, votadme negativamente y seguid sin asomaros a la realidad. Y así seguiréis teniendo cada vez menos apoyos. Gente como Castrillo son los que más daño hacen al BNG.

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 07/06/2009 01:18

E a ti que máis che/vos da quen faga dano ao Benegá...;-)
E xa sabes porque os da Voz van por él, porque non quixo seguir soltando a manteca que lle deu manolo pérez entre o 95 e 99.
E o PP que vai dicir, a verdade? que non o cesan porque non atopan quen lles queira ir de xerente.
Ti cres a uns e eu a outros e cada un convencerá aos que poida...
É duro porque nós sempre estaremos en inferioridade pero eche o que hai... ou iso ou retiramonos como maioria da xente que se instala na apatía abstencionista, pero eu non vou caer nesa trampa. ;-)

chegaliza
chegaliza - 07/06/2009 04:03

Contan que cando Deus creou o mundo, para que os homes e mulleres prosperasen decidiu concederlles dúas virtudes. Así fixo:

Aos suízos fíxoos ordenados e cumpridores da Lei.
Aos ingleses fíxoos persistentes e estudosos.
Aos xaponeses fíxoos traballadores e pacientes.
Aos italianos alegres e románticos.
Aos franceses fíxoos cultos e refinados.

E cando chegou aos galegos, volveuse cara ao anxo que tomaba nota e díxolle:

"Os galegos e as galegas van a ser intelixentes, boas persoas e do Partido Popular"

Cando acabou de crear o mundo, o anxo díxolle a Deus:

"Señor, díchelle a tódolos pobos dúas virtudes e aos galegos tres. Isto fará que prevalezan sobre tódolos demais"

"Anda!!, pois é verdade!!, mais como as virtudes divinas non se poden quitar, os galegos terán tres, pero a mesma persoa non poderá ter máis de dúas virtudes á vez"

E así foi:

O galego que é boa persoa e do Partido Popular, non pode ser intelixente.
O que é intelixente e do Partido Popular, non pode ser boa persoa.
E o que é intelixente e boa persoa, non pode ser do Partido Popular.

papeiro
papeiro - 07/06/2009 04:10

Ti non caes na trampa, faltaría máis fidalgogaliza, pois es dos que te dedicas a colocar lazos para coller aos despistados... O problema é que cada vez na vosa cesta caen menos inxenuos.

E na simpleza -interesada ou falta de luz- segues. Un pode ler e até crer desde unha mirada crítica o que divulga El País sobre tramas dereitosas e non votar aos que de socialistas e obreiros só lles queda o nome; pode tamén facer caso aos do grupo Intereconomía informando da corrompida Andalucía e sentir noxo polas alternativas igual de mafiosas que defenden; e mesmo seguir diariamente Vieiros sen votar o mesmo que ti, e por riba pensando e votando a outras candidaturas que este medio non lles concedeu o espazo que debería. A realidade é complexa, afortunadamente.

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 07/06/2009 07:42

Pois logo montade algo viábel, senon vos sirve o BNG, nin abstencionismo complice, nin anarquismo infantil, algo víabel que cuestione o sistema e axude ao País. Ánimo e adiante, ao labor!

alpabarda
alpabarda - 07/06/2009 08:28

Ama

Cómo podes alcumarme de demagogo cando estamos falando de Castrillo e mencionas a Feijoo, a Baltar, Louzán, Galicia Bilingüe, etc. En fin... aclárate por que te dispersas moitísimo.

Dixen que él se debe defender só se pode, pero mal empezamos cando os ataques a súa xestión él di que son ataques ao nacionalismo. Quere dicir que non se vai defender. Cando falo de defender me refiro non a escribir cartas ao director, senon a APRESENTAR DOCUMENTAICIÓN QUE AVALE QUE IBA TODOLOS DIAS A TRABALLAR, ETC., ETC. A ver cando empezamos a facer as cousas con seriedade.

En segundo lugar, fuche tí quen dixo que Castrillo o iba pasar mal no traballo. Eu non dixen que me parecía mal que se cobren 4.000. Dixen que cobrando 4.000 non o pasas tan mal no traballo. Por favor, le ben as cousas e enténdeas antes de contestar.

Gabino
Gabino - 07/06/2009 09:25

Alucino. Cada día que entro nos foros de Vieiros alucino máis. Unha de dúas ou isto está cheo de trolls ou a peña está moi sonada. O rojerío defendendo as tesis do pp, amplificando as mentiras dos medios dos medios-mafia que levan intoxicando anos e anos a non ser que se lles unte con cantidades astronómicas de pasta. Para os que vivimos en Vigo sabemos o que significou Castrillo e o seu equipo na cidade. A min tamén me comía o demo cando ía na procesión do Cristo, claro que non tería que ir... en fin. Para os vivimos a pé de campo sabemos o que significaron os tres anos e pico de bipartito, os proxectos, o curre de centos de persoas que traballaron arreo para quitar a roña dun país apapostiado de anos de caspa e cutrerío. Pero iso non é dabondo, había que instaurar o socialismo real á semana seguinte, nacionalizar zara, autodeterminación no primeiro consello da xunta e petas gratis nos estancos. Aí están os salvapatrias, os tope de gama que non lles vale nada, que non lles cabe unha palla polo cú. Iso si, agora cando ven que cae Xurxo, que se cargan o idioma, que a radio e a tvg van volver ao mesozoico inferior bótanse as mans á cabeza. Entón ¿que esperaban?. O pp sobe 3.000 votos e gana as eleccións, os “descontentos” e repunantes levan a Fijolito á presidencia. Noraboa machotes, aí estamos, cun par de ovos duros, antes muertos que sencillos, voto a brios, seguide así, folgando e rañandoa todo o día. ¡Que peste!. O país dos ananos. ¡A mamala!

alpabarda
alpabarda - 07/06/2009 11:39

Gabino

O discurso ese de que se queríamos a autodeterminación ao segundo dia de goberno do bipartito, perdoa pero, por dicilo suavemente, paréceme un argumento para menores de 15 anos.

Non era preciso votar a autodeterminacion ao segundo día, era dabondo con:

Non reducir as asignacións dos carregos ao BNG despois de un ano no goberno.
Non votar a favor de conservar os soldos por altos cargos da Administración despois de deixar o carrego.
Non estar no barco dun empresario cunha bandeira de españa coma unha vaca de grande e despois outorgarlle un concurso público diñeiro a esgalla
Non nomear ao anterior Valedor do Pobo que dixo que o meu idioma non era válido para a xustiza.
e varios máis

Como ves, eu pedía cousas ben sinxelas.

Eu non sei se o que digo o dí o PP ou IU, eso é totalmente irrelevante. Eu teño criterio propio, non viciado nin anulado por organización ningunha. Eso sí, son Patriota Galego dende hai moitos anos, e a Patriota asegúroche que non es máis ca min.

Ama
Ama - 08/06/2009 02:11

alpabarba, ti de que vas?
pensas que nacimos onte, ou que?
volvo repetir o que dixen antes, demagoxia da mais traballeira, eu si que sei leer, " tamén entre lineas"
que aquí ninguén da puntada sin fio.
Me vas ti dicir a min que o teu e algo persoal con Lois Castrillo, que non tes nada contra o Bng.
Si queres poñemonos en contacto co Sr. Castrillo, e concertamos un duelo, como o prefires ao Amañecer?
O teu ten delito, e moita mala ostia, que nos queres facer parbos os demais.
Aprende a ponderar as cousas, joder, o acusas de non ir todos os días a traballar, ti non tes cousas mais importante das que preocuparte, vai ser que es tí que lle leva a axenda, non sabia que os xerente tiñan que fichar, ou non sabes que moita xente traballa fora da oficina e que non ten un horario fixo? que é dicir que traballan todo o día.
moito odio, é o que tes dentro de ti.
E non vou ser eu o que negue que o BNG cometeus erros, pero quén non os comete, ou ti eres infalible.
Amigo patriota Galego, descansa un pouco, vas facerte dano , criar un cancer ou algo asi, a vida é maravillosa , seguro que atopas algo mellor que facer que pensar todo o día en Lois Castrillo, "en si vai traballar, por exemplo", tamen deixa certas lecturas que non te sentan ven, cambia a Voz e o FV por cousas mais lixeiras, non sei, recupera os Tbeos, da nenez, por certo, O último nº de Spiderman no que sae Obama, o fixo un galego, seguro e te vai ben.
Cuidate, e unha apreta.
xa ves , con cariño , sen rancor.

alpabarda
alpabarda - 08/06/2009 12:04

Ama

Estouche ben tranquilo. Se les o meu post non verás nel nin ton de mala ostia, nin exclamacións, nin un so taco. Ocorre que as cousas que digo son graves, máis son certas, e eso doe. Xa o sei.

alog
alog - 08/06/2009 01:57

Non me meto no fondo do asunto pero eu coñezo a Roberto Rodriguez é pareceme un bo profesional. Pero os dados son incorrectos, non é nin foi profesor de dereito tributario

AfonsoDaniel
AfonsoDaniel - 08/06/2009 01:59

Pasar a ocupar a xerencia do Consorcio (administración paralela, opacidade total e intereses privados), aceptar o posto, cobrar a desmesura que cobra para non facer nada (é o xerente, non o secretario) e aínda por riba esixir indemnización pola súa saída con cartos públicos (é un cargo público por deus!) paréceme lamentable. E denota en qué anda interesado.

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 08/06/2009 03:44

Cobrar unha desmesura pola xestión dun consorcio público que da servizo a miles de persoas, é cobrar 4500 €/mes brutos (uns 3000€/netos), como un funcionario de escala media-alta?

Ti flipas claro, que tiña que cobrar 1000€/mes?

3 meses de soldo, senon hai preaviso nón é unha indemnización.

Cando se trata dalguen do bloque vaisevos a cachola....

AfonsoDaniel
AfonsoDaniel - 08/06/2009 04:07

fidalgogaliza, nas empresas o xefe é o que menos traballa. Nas administracións tamén, e nos consorcios non o quero nin pensar.

E segue sendo un cargo público, que na teoría non o é por ser un chiringuito, pero el ten que saber que accedeu pola vía política a ese posto, que llo agasallaron os do seu partido, que non tiña máis dereitos que outros a ocupar ese posto. E ten que aceptar que se debe ir, é política, non é laboral.

AfonsoDaniel
AfonsoDaniel - 08/06/2009 04:09

Por certo o dos 3000€ netos un funcionario de escala media-alta... andas un pouco despistado non?

alpabarda
alpabarda - 08/06/2009 06:48

fidalgogaliza

Eu penso que tedes algunha dificultade de comprensión de lectura. Imos ver, eu non dixen que 4000 foran moitos ou poucos, dixen que con esas cantidades, un non está mal no traballo.

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 08/06/2009 08:20

un xefe de servizo do concello de vigo cobra iso....

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 08/06/2009 08:22

e un concelleiro do concello de Vigo

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 08/06/2009 08:23

e un director xeral da xunta....

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 08/06/2009 08:24

e o posto non foi a dedo, mais ben como se nomean os profes na universidade

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 08/06/2009 08:25

perciso alguén de determinadas característica que...oh coincidencia... só hai este.;-)

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 08/06/2009 08:25

siiiii ando moito despistado, non me entero de nada, de nada, de nada....

Gabino
Gabino - 09/06/2009 12:18

fidalgogaliza:
é inutil. O falar non tén cancelas. Imaxinome á peña cunha copa de solysombra nunha man, unha faria na outra e o palillo na boca, rajando na cafetería. Nin puta idea do funcionamento da administración por dentro, dos salarios, das funcións, dos funcionarios... agora a canción do verán é "el chiringuito" interpretada por CSIF e os seus mariachis. O problema é que Quintana se subira a un barco á vista de todo cristo ¿cómo se vai subir un do Bloque a un barco cun empresario? anatema!!! Que van dicir as clases populares!!! E o Beiras comendo con Amancio Ortega!!! Arggg!!!Pero canto paleto solto, meu deus ¡que tropa!. Un vecepresidente, un político, ten que montar no barco co empresario, montar na lancha co sindicalista, montar na gamela co mariñeiro e montar un cristo cando teña que facelo.
Que si, que si.. que se fixeron cousas mal, que se puideron facer mellor pero 21.000 votos en branco hai que joderse!!! deixar que volveran outra vez eso si que ten delito.

fidalgogaliza
fidalgogaliza - 09/06/2009 02:37

Estou desexando que monten unha alternativa ao BNG, á súa esquerda e independentista, pola ruptura do sistema e a saida da UE...
E que me/nós quiten a razón sobre o País e a xente que temos. Por favor facedeo!!!
Levades anos mallando no BNG e ainda nada, a ver, a traballar. A que agardades?
Aproveitade o tirón de II!, ánimo.

Gabino
Gabino - 09/06/2009 03:33

Falando de altos cargos:
http://www.lavozdegalicia.com/...