Vieiros

A polo ghit 09

radio galega

Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.

Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí

Lista de participantes
info, bases, novas

¿Queres ver a edición do ano pasado?

logo apologhit 08
votos
A CIG pide que se arquive a causa contra a sindicalista acusada de falsificar documentos a varios inmigrantes

por  Redacción
Ref #
Descargar 7 Votos 0 Fans  Enviar
Critican o "exceso de celo policial" nun caso que non sería constitutivo de delito para a súa compañeira. Arestora, Laura Bugallo está en liberdade sen cargos.

Letras

Esta sexta feira CIG convocou unha conferencia de prensa para explicar os pormenores das acusacións contra a sindicalista Laura Bugallo, traballadora da sección de inmigración, que foi detida a pasada terza feira, de madrugada en Compostela, acusada de falsificar documentos (facturas e tickets) para axudarlle a inmigrantes a legalizar a súa situación.

Cos medios de comunicación falaron Anxo Noceda, secretario comarcal da central sindical en Compostela; e a secretaria nacional de afiliación e servizos, Elvira Patiño. Ámbolos dous sinalaron que a CIG non tiña convocado antes os medios por recomendacións do avogado de Bugallo, e desculparon a ausencia da sindicalista, que foi vítima dun ataque de ansiedade, debido ás dimensións que colleu o caso. Neste sentido, criticaron o protagonismo doutras entidades, que denunciaron o silencio da central sindical, e revelaron que han pedir o arquivamento, canto antes, da causa contra a súa compañeira.

Denuncian o "exceso de celo" na actuación policial
"A nosa compañeira está en liberdade, sen cargos, sen estar acusada de nada, despois de pasar máis de 50 horas detida, na comisaría, incomunicada", denunciou Patiño, ao tempo que lembraba que a causa contra ela non se sostén, porque "dende a CIG non podemos certificar ningún documento, con excepcionalidade das actas de afiliados; só desenvolvemos labores de asesoría, de acompañamento... Non estamos autorizados para presentar ningún documento. Neste caso, os documentos para certificar a regularidade dos inmigrantes só poden ser presentados por concellos, asociacións, empresas ou a propia policía", recalcaron.

Nesta liña, tamén quixeron subliñar, dende a CIG, que moitas veces se cometen irregularidades "por solidariedade", como por exemplo "mudar unha data", pero que, en todo caso, é "a administración a que ten que requirir as acreditacións, unha vez entenda que uns documentos poden ser erróneos, mais en ningún caso este feito é constitutivo de delito", sinalou Elvira Patiño.

Mais, de darse este caso, e segundo explicaron Noceda e Patiño, o responsábel destes documentos "será a persoa que os presenta, ou a que preparou os trámites", e é a subdelegación do goberno quen debe controlar os trámites, e subsanar as irregularidades detectadas "pola vía administrativa", nunca "levalo á cualificación de delito".

"Non sabemos que hai detrás de todo isto"
Nesta liña, os responsábeis da CIG volveron recalcar que neste caso, só Bugallo foi detida, e non os catro inmigrantes aos que, segundo as acusacións, supostamente tería axudado a falsificar documentos. "As persoas ás que pertencen os catro expedientes investigados só acudiron a declarar; en ningún momento foron detidas. Non estamos culpando a ninguén, só sinalando que a actuación policial foi desproporcionada só coa nosa compañeira, e ela foi a que terminou detida".

Neste momento, os sindicalistas foron preguntados polos xornalistas, con insistencia, por se sabían que había, realmente, por detrás deste "excesivo celo policial", e se se trataba, se cadra, dalgunha "cuestión política de fondo", pensada para danar a imaxe da central sindical, ao que responderon non saber con certeza a que foi debida toda a actuación da policía, describíndoa como unha "medida esaxerada contra unha compañeira que leva moitos anos traballando para facer valer os dereitos dos inmigrantes, e noutras loitas, dunha maneira totalmente íntegra, sen cometer nunca algún delito". "non entendemos a que se debeu esta actuación policial tan dilixente e tan fina, pero agardamos que sexa debida a outras historias", concluíu Patiño.

 Comentario(s)

manuelgz
manuelgz - 29/05/2009 04:58

que vaian lavar a cara a outro lado! Quedachedes desenmascarados, todas estivemos con laura cando habia que estar e agora vide vos a dicir que fora decisión dela: mentides e continuades a facelo, e xa non tedes credibilidade.. Ánimo Laura!

giao
giao - 29/05/2009 05:59

Ánimo para a Laura.

Manuel, pensas ti que tes mais credibilidade que os secretários comarcais e nacionais da CIG, que som os seus companheiros? Que saberás ti...

manuelgz
manuelgz - 29/05/2009 06:24

Eu tamén son compañeiro de Laura porque estou afiliado á CIG, polo tanto heiche de dicir que para min a credibilidade non vai na responsabilidade nin en ser secretario de tal ou cal, os seus cargos tanto me dan. Non é mostra de nada.

Minten, ou é que non lichedes as declaracións en elpais nas que a CIG se desentendía, desmarcabase, era unha denuncia persoal non contra o sindicato? e esas son só as cuestións públicas. Queren lavar a cara, que quedaron mal..

giao
giao - 29/05/2009 07:23

E nom se che ocorreu que puido mentir El País? Por que o jornal nom dava um só nome? O anonimato dá verossimilitude? Nom estou a dizer que os cargos demostrem por si próprios nada, mas é que eles si falarom com o avogado e conhecerom o caso bem de perto, e dim que o silêncio foi umha recomendaçom do avogado da detida. Sem provas, ti dis que calarom sem explicaçom (supom-se que por covardia), pero se fosse assi, por que iam voltar-se atrás só num dia? Nom o deixariam correr? Cheira mais a ajuste de contas interno, utilizando instrumentalmente a detençom dumha companheira.

Hermerico
Hermerico - 29/05/2009 08:14

Falam agora que saiu sem cárregos, para lavar a cara, mas já é tarde. Isso do avogado é um conto dos seus, umha mentira da puta UPG

GalizacapitalBraga
GalizacapitalBraga - 29/05/2009 08:37

Quantos “empreendedores” são objeto do mesmo trato? Mas, claro, as suas sangrentas irregularidades estão santificadas pela procura desaforada do lucro. Azos, Laura, eu faria o mesmo: procurar ajudar ás pessoas que passam dificuldades e sofrem a injustiça.

ecoe
ecoe - 29/05/2009 09:08

Outro aspecto de interese fulcral é a INCOMUNICACIÓN DE 50 HORAS!!

Por unha falsificación administrativa. E logo CIG non ten nadaa que expór a eesto nin DENUNCIA que presentar contra xuiz autorizador?

Imos paso de que non quede nada do nacionalismo institucionaal, nin cig! Asú!

cachamuina
cachamuina - 29/05/2009 09:34

A Laura Bugallo deixouna tirada a Executiva da CIG o mesmo que fixo co secretario comarcal da CIG en Ferrol cando era xulgado por defender ás mariscadoras de Mugardos.
Que xuíz deu a orde de que se entrara na CIG e levasen ordenadores e outro material? Se non había orde xudicial como a Executiva da CIG permitiu entra á Policía? Por que non apoiaron a Laura Bugallo mentres estivo ilegalmente detida?.
Elvira dades noxo tí e tódolos monifates de Paco Rodriguez que controlades, para mal, á CIG. Quen vos dera ser como Pintos e como Laura Bugallo

Mearius
Mearius - 29/05/2009 11:45

Quen nos dera ser colegas de Pintos para poder levar cartos a moreas coa súa bendición!!!!!!!!!

Hermerico
Hermerico - 30/05/2009 12:56

Mearius, a UPG nom sabedes perder, e para ladrons, vós

immerrecht
immerrecht - 30/05/2009 02:12

Con toda a merda que hai pola rúa- e se non, que miren ao palanganeiro do papa ese Cañizares, ao papa mesmo- que non é que rocen a delincuencia, é que deberían estar no trullo sen dubida nenguna, e esta muller pasa 50 horas detidas seguro que por facer ben a un semellante, e a saber o desprotexida que está. Un cura que minimiza as violacións e os abusos a nenos anda libre, e esta a pringar nunha cela.

Non sei de qué dan ghanas, a verdade.

Cuevillas
Cuevillas - 30/05/2009 03:35

Eu coñezo a Laura ou Lauro ou como se chame en persoa. O que fixo non está ben, pero esta persoa ten boa fe e un corazón caritativo cos que non teñen para comer.

miguelanxo
miguelanxo - 30/05/2009 10:50

Sodes ben parviños os do BNG nos últimos procesos eleitorais dereonse actuación policiais contra o nacionalismo a marxe do BNG. Os do BNG como sodes parvos e lambecus do poder calades e entón un monton de posibeis votantes cabreanse con vós e, non van votar. Sodes parvos, sodes parvos e só esa entrega ao poder estabelecido pode dar algunha expliación ao voso odio contra todo aquelo quen non controlades; en definitiva preferides un españolista a un nacionalista que non estexa dentro da vosa manada e esto so ten unha palbra para definilO: TRAIDORES

Ledicia
Ledicia - 30/05/2009 03:30

Desde logo, é unha vergoña neste intre ser da CIG (pola xente que é a que se outorga a portavocia), pois á xente que traballa, desmárcanse e xa a condenan antes que o xulgado, mais á xente quinqui da CIG (cós pés postos no sitiño bo, para os que se apoderaron da central)hai de todo. É unha mágoa! A CIG empeza a ser como o BNG: acomodaticia, cobarde, "perdeu no camiño o nacionalismo e de clase". Ánimo Laura!

trasbaregho
trasbaregho - 30/05/2009 07:12

Vaia dous impresentables os da foto¡
Sería para botar uns risos se non lle estivesen facendo tanto mal á CIG e, como consecuencia, á clase obreira galega: unha, da que non se sabe moi ben que leva facendo na CIG durante tantos anos de cobrar unha suculenta nómina (aprender a falar en galego, desde logo non) á parte de darlle ás costas a calquera iniciativa presentada pola, esta si, traballadora abnegada e honradísima Laura Bugallo.
O outro, do que si sabemos en que se gasta os cartos que lle pagamos os afiliados da CIG (visíteno Vdes. calquera día pola tarde no local de Compostela e comprobaran a que me refiro, no caso de que entendan algo do que intenta falar), pois este, atento amigo giao, berraba o día seguinte á detención de Laura, de tal maneira que se oía en todo o edificio, que a CIG non podía apoiala como organización, que non se sabía de que estaba acusada, que a CIG non pode acudir a reunións convocadas por SMS e outras escusas de mal pagador. Esas foron as declaracións que reproduciu El País.
E, por suposto, a Laura non lle deu ningún ataque de ansiedade para non asistir á roda de prensa. Outra das moitas mentiras que algúns levan tempo utilizando para manter a aparencia de sindicalistas.
Co tempo todos veremos quen apoia e axuda e Laura e quen non...
Porque a pesar de ser incansable e insubornable vai necesitar moito moito apoio. Estase enfrontando a unha mafia moi perigosa, na que están implicados importantes empresarios, policias, sindicalistas de CC.OO. e a saber quen máis. Ese é o motivo real da absurda, inicua e vil detención de Laura. Ese é o motivo do abuso das 50 horas de retención por unhas vagas acusacións de falsificación. Agardemos que co tempo tamén se poida descubrir toda a verdade sobre a explotación dos traballadores galegos máis pobres e indefensos: os inmigrantes.
Só existe actualmente en Galiza unha persoa con capacidade e valentía suficiente para levar a cabo esta difícil tarefa: LAURA BUGALLO.

E necesita a axuda de tódolos obreiros galegos bos e solidarios (Anxo Noceda e Elvira Patiño non son nin bos, nin solidarios, nin tan sequera obreiros).

O amigo Mearius aproveita para difamar a Pintos, este si, sindicalista aguerrido e de raza. Se o coñeces sabes que estás mentindo, aínda que che dará igual, como aos amigos Elvira e Anxo. Seguramente non sabes nin quen é, pero como bo lacaio servil e obediente repites as consignas políticas dos que carecen de argumentos sindicais para derrotalo. Claro, eses argumentos non existen e o congreso da CIG está cerca. E canto máis preto está, máis grande se fai a honradez e o compromiso de persoas coma Pintos. Calidades que os que manexan os fíos de monicreques coma Anxo e Elvira non aprecian porque saben que conducen á independencia e á creación dun sindicato que non poderán controlar.

A clase obreira galega necesita persoas coa dignidade e honradez de Laura Bugallo e Pintos. Traballadores con capacidade de loita e independencia e non esbirros de intereses partidistas ou iluminados paranoicos que só queren aos traballadores para poñelos ao servizo do seu proxecto mesiánico e irreal.

Ánimo Laura¡ Somos moitos os que estamos contigo de verdade.

lugris
lugris - 31/05/2009 12:09

Qué curiosos, que coña mariñeira ten isto. Os encausados por asinar cheques en branco, ou mirar para outro lado cando se rouba, ou votarlle a culpa ao de enriba, eses son os bós, segundo estes comentaristas deste foro anti-bng e anti-cig, é dicir, estes opinadores, que ao que se dedican é a verter merda contra o nacionalismo. Non o conseguiredes sodes catro que vivides do conto grazas ao nacionalismo senon de que!, facedes moito ruido pero a realidade é outra. Só insultos, carraxe, e envexa, no fondo só queda a mediocridade. Saúde, xa chegou Feijoo, xa sodes de esquerdas.

cachamuina
cachamuina - 31/05/2009 02:50

Non hai ninguén encausado por asinar cheques en branco, non hai ningunha causa a pesar de que a UPG tentou que a houbese. A UPG non é quen de gañar unhas eleccións dentro da CIG en Ferrol e recurre, como ven facendo toda a vida, a tentar encher de merda ós dirixentes que non son da súa corda e que son respectados polo conxunto da afiliación e polos outros sindicatos. Ti si que vertes merda xa que non tes outro argumentos, Lugris.
Os catro vividores son os da UPG de Paco Rodriguez, como eses dous que saen na foto.
Quen descubriu que faltaba diñeiro na CIG foi Pintos e non fixo caso de Oubiña Parracho ( UPG ) que lle dixo a Pintos que calara a boca e que non dixese nada.
Nunca estarás, Lugris, a altura de Laura Bugallo nin de Pintos ,xente coma ti sodes escoura

leghom
leghom - 31/05/2009 08:52

À CIG deveria cair-lhe a cara da vergonha de nom se presentarem nos actos de apoio e agora pedir a exculpaçom dumha companheira que leva anos trabalhando com eles!!! Está claro quem governa o sindicato!

Nós, xs amigxs e companheirxs de luita de Laura, seguiremos sempre ao seu lado! Igual que o estivemos no princípio. Sodes como o PP, umha puta fraude!

Mearius
Mearius - 31/05/2009 11:39

Se eu teño unha das sinaturas que se precisan para sacar os cartos dunha conta, e a outra tela tí; que pasa se saen cartos disa conta??? QUE OS DOUS SOMOS REPONSÁBEIS, OSTIA!!!! e non hai máis volta que lle dar,e non hai desculpa posíbel tipo "foi un abuso de confianza". Deixádevos de Us e de Os....DEMISIÓN e ponto.

Mearius
Mearius - 31/05/2009 11:49

"A clase obreira galega necesita persoas coa dignidade e honradez de Laura Bugallo e Pintos. Traballadores con capacidade de loita e independencia e non esbirros de intereses partidistas ou iluminados paranoicos que só queren aos traballadores para poñelos ao servizo do seu proxecto mesiánico e irreal"
e eu pregunto: esta compañeira e este compañeiro non militan ou están afiliados a partido político algún??? Eu coido que sí, polo que haberá que lles aplicar o teu mesmo conto, trasbaregho

cachamuina
cachamuina - 01/06/2009 10:37

A Executiva Nacional da CIG, validou as contas da Comarca de Ferrol, polo tanto tamén é responsable. Executiva Nacional ¡ Dimisión xa !.

Hermerico
Hermerico - 01/06/2009 07:28

Que terám a ver os curas com Deus?
Que terá que ver o BNG com o nacionalismo?
Pois tam coerentes som os curas como o que pinta no BNG com o nacionalismo, e assim temos Feijoo, porque vós, Mearius, nom sodes de esquerdas.

trasbaregho
trasbaregho - 02/06/2009 03:04

Por alusións:

Que eu saiba, Laura Bugallo pertence á dirección do Movemento pola Base. De Pintos só sei con certeza que abandonou o BNG, asunto que saíu en prensa. Supoño que se non é afiliado do MpB estará moi próximo ás súas posicións. O que si é certo é que os dous forman parte do grupo de afiliados da CIG que están intentando montar unha candidatura para o próximo congreso da CIG alternativa á maioritaria que tamén se está organizando arredor da UPG. Todo parece indicar que esa candidatura virá arroupada polo MpB.

Iso é o que sei eu, amigo Mearius. Pero non sei que terá que ver co que vin dicir aquí. Tan lexítima e unha candidatura coma a outra ou calquera que poida aparecer. O que non é lexítimo nin digno nin honrado nin ético é intentar utilizar argumentos que non teñen nada que ver co sindicalismo para intentar desprestixiar unha delas.
Os teus argumentos serían cribles se pedises tamén a dimisión de Ramiro Oubiña Parracho, responsable nacional de finanzas e igual de culpable ca Pintos se utilizamos a túa lóxica demagóxica. Ou é que Ramiro si pode alegar "abuso de confianza" e Pintos non?

Repito, o motivo real de que agora espalledes, denuncias e roldas de prensa públicas incluídas, o desfalco de Ferrol é a incapacidade de derrotar limpamente a opción sindical que Pintos defende. Se Pintos continuase na cova da UPG, amigo Mearius, non estarías propagando difamacións aquí nin en ningures, xa que, dependendo de a que distancia do teu coronel te atopes, ou non terías coñecemento de nada porque o estado maior se gardaría moito de difundir información que prexudicase aos do seu clan; fixeran o que fixeran, que xa ten pasado (Ramiro inicialmente quixo tapar todo. Foi Pintos quen se empeñou en denuncialo internamente e abrir unha investigación), ou ben ti mesmo calarías a boca polos mesmos motivos.
Polo tanto, si ten que ver cos Us e cos MpBs. E insisto, os Us xa demostraron durante moito tempo que o que lles interesa é preservar o control do nacionalismo por parte da súa organización, sen ningún escrúpulo, por riba de ideas, persoas ou dignidades e honradeces que a algúns nos interesan máis. Os MpBs aínda non demostraron nada. Haberá que agardar...

Os que si fixeron moito e ben son Laura e Pintos. Critiquen Vdes. a súa opción ideolóxica, partidista, estratéxica..., pero o seu traballo e esforzo son impecables e sobrancean máis cada vez que xente cativa utiliza a vara cativa de medir.

Saúde para os bos... porque hai malos.