Para poder comentar ou votar é preciso estar rexistrado/a en Vieiros.
Se xa estás rexistrado/a, podes acceder dende este formulario.
Se non estás rexistrada/o podes facelo aquí
"Representa a figura do militante que ten as raíces na terra e a entrega á defensa dos dereitos dun pobo", salientaron este venres no acto de presentación.
Este venres presentouse na Galería Sargadelos de Compostela o programa da homenaxe ao histórico militante nacionalista Luis Gonçales Blasco, 'Foz'. Representantes do comité organizador do acto, que terá lugar o vindeiro día 14 no Instituto Arcebispo Xelmirez de Santiago, explicaron as actividades que se van celebrar.
O sindicalista Xan Carlos Ánsia, un dos membros do comité organizador, subliñou que Gonçales Blasco "representa a figura do militante que ten as raíces na terra e a entrega á defensa dos dereitos dun pobo". Canda Ánsia figuran no comité Ramon Muntxaraz, Pilar Martínez, Pedro Alonso, José Manuel Sanmartinho, Eva Loira, Joam Lopes, Suso Irago e Paco Sebio.
Poden ler aquí o programa do acto.
Foz, companheiro:
Quero sumar-me à homenagem que se che fai.Merecida, oportuna e necesária.
Quero também louvar vao Comité organizador, aos da foto, e aos que nom estam. o outro dia vim a Xam lópez, na tele fechado cos do Comité cidadam de Ferrol, suponho que será o Joam Lópes que está também na organizaçom, quero achegar-lhe a minha total solidarieade, a el a ao resto dos companheiros e companheiras, ao melhor também anda por alí o Martinho de Fene. Saudos e força a tod@s, e muito obrigado Fozpelo teu compromisso com galiza e o POVO GALEGO.
O mai sinceiro aprecio.
Pero por se o le algún lusista máis decirlle que eu, que son medio portugués de nacemento, coñeco ben a lingua e a xente veciña e non son moitos os lusos que non queren saber nada de nos. Sí é certo que miñotos e tripeiros son moi semellantes a nós, máis non temos nada que ver culturalmente cos alfasinhas a súa forma de falar non se asemella para nada ao galego(en canto a estructura e acento) e se lles falas en galego respóndenche en castelán(ou ata en inglés ou din que non entenden).
Polo resto todo ben, e ougallá existirá un partido de esquerdas galego cun ideario comprometido e unha militancia numerosa e combativa. Lamentábelmente, o BNG deixou hai moito tempo de ser ese Sinn Fein que nós necesitamos e tampouco tivemos nunca nada semellante ao I.R.A.