Vieiros

Vieiros de meu Perfil


José Manuel Lage

Debate en tv cun único sinal

19:00 04/02/2008

Debate: sí, para todos e en todas as cadeas que o desexen.

As eleccións xerais convocadas para o 9 de marzo servirán para que os electores opten entre a esquerda e a dereita, entre un estado máis forte, máis social e máis solidario ou a volta ó pasado, con políticas de recortes laborais e freo ás políticas sociais.

Nestos días o Partido Popular está poñendo problemas para que os cidadáns poidan asistir a un ou varios debates entre os dous principias aspirantes á Presidencia do Goberno de España.

Nun principio existía acordo na celebración de dous debates televisados, pero o PP acaba de romper a baralla e xa pon condicións para que se poidan celebrar: os populares din que terá que celebrarse en dúas canles privadas (T5 e Antena 3) e que de aí non se moven.

O PSOE, a diferenza dos populares, non restrinxe as canles de emisión nin pon condicións. O Partido Socialista considera que os debates deben realizarse mediante un sinal institucional que se ofreza gratuitamente a todas as televisións.

Concordo plenamente coa postura mantida polo meu partido. Cal é o motivo do PP para vetar ás outras canles e limitar a posible celebración dos debates a só dúas canles?

Penso que non existe ningunha razón para que dende os partidos políticos elixamos a unhas cadeas de televisión e excluamos a outras.

Os debates son acontecementos de interese xeral, e todas as televisións teñen dereito a emitilo se o desexan e todos os cidadáns teñen dereito a seguilos desde a cadea que eles mesmos elixan.

O PP debería recapacitar xa que a súa postura é indefendible dende un punto de vista racional. Si do que se trata é que os cidadáns poidan coñecer os programas e propostas de cada formación política, o lóxico é que se facilite a existencia deste tipo de debates.

A calidade democrática dun Estado ten moito que ver coa capacidade de favorecer a información do cidadán e a oportunidade de poder ver debates entre os aspirantes á Presidencia.

Trátase de evitar os vetos, de non buscar favoritismos e sobre todo de servir ó interese xeral, por iso é fundamental que defendamos a posibilidade de que os debates poidan ser accesibles a través de calquera canle que opte por esa oferta televisiva para os seus telespectadores.

Por iso considero un acerto defender que os debates deben realizarse mediante un sinal institucional que se ofreza gratuitamente a todas as cadeas de televisión sen excepcións, e que tamén poidan ofrecerse a través de Internet.

Debate para todos e en todas as cadeas que o desexen.

2,59/5 (22 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Lage

Deputado no Parlamento de Galicia, nado en Outes (A Coruña) no ano 1977. Reside en Noia(A Coruña). Estudou a Licenciatura de Ciencias Políticas e Administración Pública na Universidade de Santiago de Compostela e está cursando a Diplomatura de Estudios Superiores da Defensa Nacional na facultade de Dereito da USC. Milita no socialismo galego dende o ano 1993 que se afiliou ás XSG, organización xuvenil na que ocupou a máxima responsabilidad como Secretario Xeral. »