Vieiros

Vieiros de meu Perfil


As sombras do Prestige

Redacción - 10/09/2007 19:18 - visitas

Escríbenos unha lectora que estivo esta fin de semana na praia da Arnela, en Fisterra. O día de sol trouxo sombras.

Veño de pasar esta primerira semana de setembro en Fisterra e máis en concreto na praia de A Arnela. Ao primeiro o que ti pensas croíños, resultaron ser galletas de chapapote. Segundo baixaba a marea e avanzaban os días -non sei se porque a vista íase afacendo a distinguir as pedras do cru, ou polo estado do mar- o caso foi que de croíños a galletas, de galletas a hambuguesas..., e logo a tortas. O venres sorprendeume ver a cadela coas catro patas bañadas na negra espesura, mesmo o rabo e a barriga, ata que descubrín -coa marea moi baixa- coma un metro cadrado de chapapote de fondura imprecisa pero que sobresaía, ben aí os 6 centímetros da superficie da area. A súa beira outra empanada xigantesca pero máis estreita adentrábase no mar coma unha enorme salamántiga que chegase apodrecida á costa fedendo a alcatrán.

Quere ser unha denuncia mais tamén un aviso. ESta semana en Fisterra había chapapote en A Arnela. Había moito chapapote e só os tres ou catro que andabamos por alí fomos retirando o que poidemos en bolsas de lixo. Que non se baixe a garda: a primeiros de setembro de 2007 había moito chapapote en A Arnela. GLORIA SÁNCHEZ

(Sentín non ter levado a cámara pero calquera que acoda estes días poderá comprobalo; na metade esquerda)