O Colexio Profesional de Xornalistas (CPXG) publica un pequeno dossier coa información relacionada co Caso Couso nas últimas datas.
A morte de Xosé Couso está sen resolver. Mais non porque non saibamos quen foron os asasinos, confirmados polo propio Pentágono, senón porque as continuas escusas do bando culpable por xustificar a acción non deixan de sorprender á infatigable loita da súa familia por facer xustiza.
Os militares que estaban o 8 de abril de 2003 no tanque que disparou apuntando ao hotel Palestina, aseguraron que houbo disparos dun francotirador dende o propio hotel, que foi un acto de defensa, logo un tiro reflexo. Xosé Couso, despois de ser ferido, dixo que fora o tanque.
Un vídeo gravado pola cadea de televisión France 3 dende o hotel amosa como se move a torreta do tanque en dirección ao hotel, levanta o canón e agarda polo menos dous minutos antes de disparar.
Xunto a José Couso morreu tamén o cámara ucraniano de Reuters Taras Protsyuk e outros tres xornalistas da axencia resultaron feridos.