O martes pasado contámosvos disto: en California vetan unha gaseira, malia que estará varios quilómetros lonxe da costa. Consideran que aínda así non cumpre cos requerimentos. Mentres, en Ferrol segue a loita contra a gaseira que lle meteron aos veciños a pé da casa. Do asunto fala tamén Perfecto Conde no seu blog: Croques.
"Ferrol non é California, nin San Felipe é Malibú. E moito menos o delegado gobernativo Manuel Ameixeiras é Arnold Schwarzenegger. Pero algo terá que acabar pasando en Ferrol"