Desde o ámbito da prensa tradicional, o Grupo Progreso segue o ronsel de novidades, e despois de poñer na rúa o primeiro gratuíto en galego, alumean unha interesante proposta no ámbito dixital. Xeración web está na rede desde hai uns días, integramente na nosa lingua, e con varios coñecidos do blogomillo na redacción. Parabéns e benvidos!