Nº22 Febreiro 2008
Contacto
Os doces do Entroido son un elemento totalmente indispensable nestas festas especiais do ano. En Galicia esta celebración vívese de xeito totalmente característica, así temos a figura dos peliqueiros (Laza), as pantallas (Xinzo), os cigarróns (Verín), os enterros de sardiñas, mecos... no mércores de cinza. Cada zona a súa maneira, pero todos comen de sobremesa: orellas, chulas, flores, bicas de carnaval, rosquillas, filloas...
As orellas: Aquí podedes atopar dúas receitas diferentes de orellas. Unhas quedan máis finas e delgadas, e na outra mais gordiñas. A estas últimas nalgunhas zonas poden coñecerse co nome de chulas .
As chulas: Como xa diciamos segundo o pobo no que nos atopemos as chulas chamaralle orellas ou ás orellas chulas. De todos os xeitos compre aclarar que non son a mesma receita. Polo xeral na maioría do pobos as chula son unha masa moi similar a das orellas pero máis gordiña. Tamén hai quen as fai liquidas e quen as fai en masa. Esta sobremesa depende do criterio do seu autor.
As filloas: Son unha parte indispensable no entroido galego, contan cunha antiquísima e indefinida orixe. Pódense facer con ovos, fariña azucre, leite… ou mesmo hai que as fai con sangue.
Bica de carnaval:, Este doce e moi típico de Ourense, mesmo en Cabeza de Manzaneda adícaselle unha festa. É unha deliciosa receita.
As Flores: As flores son quizais unha das sobremesas típicas desta época que nos resulta menos coñecida, pero non por iso menos importante. Malia que son mais típicas da cociña estremeña tamén se preparan en certos puntos da xeografía galega.
As Rosquillas: tamén son un doce típico do Nadal, a súa receita ademais de deliciosa é sinxela de elaborar. Este doce tan popular non podía deixar de ter unha festa propia que se celebra en Silleda no mes de marzo na parroquia de Abades.
-As orixes e ritos do entroido
-Festas tradicionalis da filloa en Sada, Boqueixon, e Carnaval de Ares
-Festa da Bica