Galicia é un país debuxado por rías que penetran ducias de quilómetros no interior. Actualmente a maioría da poboación galega habita nas áreas litorais e nas súas zonas de influencia. Galicia é historicamente unha potencia pesqueira de nivel internacional e base dunha das frotas extractivas máis importantes. Tamén conta cunha actividade extractiva e de cultivo nas augas territoriais que constitúen o alicerce dunha potente industria conserveira e de produto fresco.
Froito da súa historia, Galicia ten ademais un patrimonio material e inmaterial que reborda a vertente estritamente económica para conformar unha cultura mariñeira que impregna toda a sociedade.
Así pois, a nosa dependencia do mar xera diálogos moi complexos que precisan análises globais que nos permitan actuar do xeito máis realista e racional posible.
FERNANDO GONZÁLEZ LAXE - MARÍA DO CARMO GARCÍA NEGRO - JUAN M. VIEITES BAPTISTA DE SOUSA - XOÁN LÓPEZ ÁLVAREZ - JOSÉ LUÍS GONZÁLEZ ESCALANTE - MANUEL SOTO CASTIÑEIRA - UXÍO LABARTA - FRANCISCO PELETEIRO - XABIER VÁZQUEZ PUMARIÑO - FERNANDO OTERO LOURIDO - LUÍS REI - FERNANDO PIÑEIRO - MARÍA XOSÉ CACABELOS - DIONISIO PEREIRA GONZÁLEZ - FRANCISCO FERNÁNDEZ REI