Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Denuncia na rede

As galescolas "sen ideoloxía" de Feijoo

As cores da bandeira española e lemas de apoio á selección de fútbol decoraron nos pasados días o patio dunha escola infantil da Coruña.

Redacción - 12:05 20/07/2010
Imaxe dunha escola infantil na Coruña a pasada semana

Imaxe dunha escola infantil na Coruña a pasada semana

Hai algo máis dun ano, cando Alberto Núñez Feijoo asumía a presidencia da Xunta de Galiza anunciaba cal sería unha das súas prioridades no Goberno: o de “converter as galescolas en garderías sen ideoloxías”. Como na oposición, o Partido Popular cargaba as súas tintas contra o modelo público de escolas infantís promovido polo bipartito ao que acusaban de obrigar os nenos a falar só en galego ou a uniformizalos nunha caste de mandilóns nacionalistas.

Pois ben, na pasada semana cando o apoio á selección española de fútbol levou a milleiros de fiestras a bandeira vermella e amarela, puidemos ver na Coruña unha escola infantil coas mesmas cores no seu patio. O tumblelog 'As miñas historias' ofrécenos unha imaxe do centro Zalaeta nunha fotografía tirada o pasado 12 de xullo na que se poden ver bandeiras e o xa tradicional 'A por ellos oe” de apoio ao combinado español de fútbol. Unha imaxe que nos ofrece unha gardería “totalmente neutra e sen ningún tipo de ideoloxía”, segundo apunta o autor da web.


2,97/5 (38 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: