Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Entrega este venres

A Peneira recibe o premio Nano Cambeiro de xornalismo

No ano do seu 25 aniversario, o xornal será homenaxeado de xeito concreto polo seu suplemento para o Val Miñor.

Redacción - 09:30 28/05/2010

O pasado mes de setembro a xunta de goberno do Instituto de Estudos Miñoranos acordou por unanimidade conceder, o premio Nano Cambeiro, na súa sétima edición, ao suplemento mensual A Peneira do Val Miñor do xornal A Peneira tanto polo seu esforzo na difusión e análise da realidade miñorana como por incardinarse na iniciativa xornalista do Miñor, que impulsou Nano Cambeiro, unha das mellores mostras de prensa local que houbo no país. Agora o esforzo da empresa editora d'A Peneira "vén a retomar e a continuar o labor que Nano Cambeiro iniciara".

O premio, sen dotación económica, consiste nunha peza de bronce obra do escultor, e membro do Instituto de Estudos Miñoranos, Fernando Casas, que se funde para entregar en cada convocatoria. No acto intervirán, o presidente da asociación Ponte nas Ondas, Santiago Veloso, que realizará a xustificación do premio ao que responderá o premiado Guillermo Rodríguez, director da Peneira. Será este venres 28 de maio de 2010 ás 20:30 h. na Aula de Cultura Ponte de Rosas, en Gondomar.


5/5 (1 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: