Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
Xornada electoral

Máis de 33 mil persoas elixen os órganos de goberno da USC

Sete candidaturas aspiran á reitoría, mentres se renovan o Claustro e os Consellos de Departamento. O profesorado funcionario ten o 51% do voto.

Redacción - 08:30 05/05/2010

Este mércores, 5 de maio, 33.565 persoas están convocadas á elección de novo reitor ou reitora da USC e dos representantes no Claustro Universitario e nos Consellos de Departamento da Universidade de Santiago de Compostela. As 59 mesas electorais estarán abertas entre as 10:30 e as 18:30 horas nos diferentes centros dos campus de Compostela e Lugo e mais no Colexio de San Xerome e no Edificio Intercentros.

Concorren á reitoría sete candidatos: Pilar Bermejo Barrera, Mercedes Brea López, Xoán Casares Long, Lourenzo Fernández Prieto, Xaime Gómez Márquez, Laura Sánchez Piñón e Xoán Varela Durán. Para a súa elección, o 51% do voto ponderado correspóndelles aos 1.349 membros do profesorado funcionario doutor. O resto do persoal docente e investigador supón o 14%, mentres que os algo máis de tres mil investigadores e estudantes de terceiro ciclo supoñen o 3%, o estudantado de primeiro e segundo ciclo (26.516 persoas) teñen unha ponderación do 24% e o persoal de administración e servizos, 1.403 integrantes, teñen o 8% restante do voto.

O 7 de maio está previsto que se coñeza a proclamación provisional da nova persoa que ocupará a reitoría, ou ben das que concorran á segunda volta, no seu caso, que tería a nova xornada de votación o 24 de maio.

Como novidade, nesta xornada electoral a USC implantará o voto electrónico, mediante a plataforma de voto única adquirida polas tres universidades do país. Esta experiencia piloto só se empregará para a elección de representantes nos Consellos de 15 departamentos. Poderán votar por esta modalidade 15.375 persoas do estudantado de primeiro e de segundo ciclo, 189 do prersoal docente e investigador non doutor a tempo parcial e 15 de administración e servizos.


Ligazóns

5/5 (4 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: