Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Edición xeral

RSS de Edición xeral
En Nova York (EUA)

Difunden as imaxes dun sospeitoso do atentado fallido en Times Square

A Policía non dá credibilidade ás supostas reivindicacións de Al Qaeda, mais non se desbota aínda que estea relacionado coas ameazas aos creadores de South Park.

Redacción - 10:30 03/05/2010
A Policía desactivou o artefacto

A Policía desactivou o artefacto

A Policía estadounidense anda á procura dun home branco duns 40 anos, que se pode ver nun vídeo difundido polas autoridades nas últimas horas, supostamente vinculado co ataque con coche bomba fallido desta fin de semana en Times Square, Nova York.

O alcalde da cidade, Michael Bloomberg, comunicou que polo momento non existen indicios que o relacionen con Al Qaeda, a pesar da reivindicación efectuada por un grupo paquistaní, aínda que non se desbota ningunha posibilidade.

A recente ameaza contra os creadores da serie South Park por caricaturizar a Mahoma, e un vídeo dun líder talibán datado en abril que anunciaba ataques contra cidades estadounidenses están presentes nas investigacións.


Máis información:



0/5 (0 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí: